Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 456

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

DECRETO 488/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Polo Decreto 347/1997, do 9 de decembro, estableceuse a estructura orgánica da Xunta de Galicia, fixándose posteriormente polo Decreto 351/1997, do 10 de decembro, a estructura orgánica dos seus departamentos. No artigo 11 da citada norma estableceuse a estructura orgánica básica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a cal se desenvolve agora a través do presente decreto.

De acordo co anterior, faise necesario acomodar, ata o nivel de xefatura de servicio, esta estructura, distribuíndo as funcións asignadas dun modo racional para así conferi-la máxima eficacia no exercicio delas.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada polo Lei 11/1988, do 22 de outubro, co informe previo das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de decembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude é o órgano da Administración autonómica ó que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de políticas activas de emprego, familia, infancia e menores, muller e xuventude, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e nos termos sinalados polo Constitución española.

Artigo 2º

Un.-A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude desempeñará as funcións da súa competencia a través dos seguintes órganos superiores:

I. O/A conselleiro/a.

II. Secretaría Xeral.

III. Dirección Xeral de Familia.

IV. Dirección Xeral de Formación e Colocación.

V. Dirección Xeral de Fomento do Emprego.

VI. Dirección Xeral de Xuventude.

VII. As delegacións provinciais.

Dous.-O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, autónomo de carácter administrativa con categoría de dirección xeral, adscríbese á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e rexerase en canto ós seus obxectivos, funcións, estructura e funcionamento polo previsto na Lei galega 3/1991, do 14 de xaneiro, da súa creación, e polas normas que a desenvolven.

I. O/A conselleiro/a.

Artigo 3º

O/A conselleiro/a é a autoridade superior da consellería e, con tal carácter, está investido/a das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada polo Lei 11/1988, do 20 de outubro.

II. A Secretaría Xeral.

Artigo 4º

Un.-A Secretaría Xeral exercerá as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con tódalas unidades e servicios dependentes da consellería; a inspección dos servicios, centros e organismos dependentes ou adscritos a ela, sen prexuízo das competencias que se lle atribúan á Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, así como aquelas que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do/a titular do departamento.

Dous.-Para o exercicio das súas funcións, a secretaría xeral estructúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Persoal e Coordinación Administrativa.

Exercerá as funcións de xestión de persoal, coordinación do sistema de xestión de procedementos administrativos, organización do rexistro xeral e de entidades prestadoras de servicios sociais, asistencia técnico-xurídica, réxime interno, así como a asistencia e asesoramento necesarias para a emisión dos informes relativos ó cumprimento dos requisitos técnicos dos centros competencia desta consellería, así

como as funcións relativas á inspección de centros e servicios propios da consellería e outros de contido administrativo que lle atribúa o secretario xeral.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas co nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Persoal e Réxime Interno.

Corresponderanlle as seguintes funcións:

-A tramitación dos expedientes administrativos relativos ó persoal funcionario e laboral dependente da consellería, xestión da nómina, elaboración e actualización da relación de postos de traballo (R.P.T.), tramitación de expedientes disciplinarios e de incompatibilidade, así como reclamacións e recursos.

-Coidar do funcionamento do rexistro xeral da consellería, do arquivo e os restantes aspectos relacionados co réxime interior, así como o control da asistencia e puntualidade.

1.2. Servicio Técnico Xurídico.

Corresponderalle o exercicio das seguintés funcións:

-O estudio e tramitación de tódolos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral emanados dos distintos centros directivos da consellería, así como levar a cabo as compilacións e refundicións das normas emanadas desta.

-O estudio, tramitación e proposta de resolución das reclamacións e recursos formulados contra os actos e resolucións emanados dos distintos órganos da consellería, cando non lles estean atribuídos a outros órganos daquela.

-Estudio, preparación e informe dos asuntos que, tralo paso pola Comisión de Secretarios Xerais, se eleven ó Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos acordos desta.

-A coordinación para a súa remisión e correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos administrativos dictados polos órganos da consellería.

-Levar a cabo as funcións que a consellería teña encomendadas sabre as fundacións de interese galego sobre as cales exerza o protectorado.

-A tramitación de expedientes sobre cuestións demaniais ou patrimoniais, en canto sexa competencia da consellería.

-Coordinación das publicacións editadas pola consellería, así como as funcións relativas á súa representación na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia.

-En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia, polo secretario xeral.

1.3. Servicio Administrativo de Centros.

A este servicio corresponderalle a asistencia, asesoramento e seguimento e control necesarios para

a emisión dos informes relativos ó cumprimento dos requisitos técnicos dos centros competencia desta consellería.

Así mesmo, corresponderalle o rexistro de entidades prestadoras de servicios sociais no ámbito competencial da consellería.

2. Subdirección Xeral de Contratación e Control Orzamentario.

Levará a cabo as seguintes funcións:

-A confección do borrador do anteproxecto de orzamentos da consellería e o seu seguimento e control.

-A tramitación e xestión dos expedientes de contratación relativos a obras, servicios, subministracións e asistencias técnicas da consellería, así como os de cooperación e colaboración cos entes locais en materia de investimento.

-A elaboración do plan de necesidades de obras e equipamentos das distintas unidades e centros da consellería, así como a coordinación da súa execución.

Para o desenvolvemento das distintas funcións e servicios contará coas seguintes unidades, co nivel orgánico de servicio:

2.1. Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

A este servicio corresponderalle a elaboración do borrador do anteproxecto de orzamentos da consellería, así como a execución, seguimento, coordinación e control del. Levará a cabo, igualmente, a tramitación dos expedientes de modificación orzamentaria, habilitación de pagamentos e adquisición, xestión e control de medios materiais para o funcionamento ordinario da consellería.

2.2. Servicio de Contratación, Obras e Supervisión de Proxectos.

A este servicio corresponderalle a xestión dos expedientes de contratación administrativa que sexan competencia da consellería, condo se trate de obras, xestión de servicios públicos, subministracións, de consultoría e asistencia, contratos para servicios de traballos específicos e concretos de carácter non habitual ou calquera outra figura contractual análoga, así como os convenios de cooperación e colaboración cos entes locais en materia de investimento. Corresponderalle, así mesmo, desenvolve-las funcións de supervisión dos proxectos e seguimento e dirección e control das obras.

Tres. Integradas organicamente na secretaría xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, haberá as seguintes unidades administrativas:

3.1. Asesoría Xurídica.

3.2. Intervención Delegada.

III. Dirección Xeral de Familia.

Artigo 5º

Un.-Correspóndelle a esta dirección xeral:

-A xestión da política autonómica en materia de acción social, nos sectores de familia, infancia e

menores, minorías étnicas e inmigrantes, segundo o disposto na normativa vixente, agás cando estivese legal ou regulamentariamente reservada a outro órgano ou ente da Administración autonómica, e en concreto a xestión de política autonómica familiar en desenvolvemento do previsto na Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia, a elaboración e seguimento dos plans integrais de apoio á familia, así como a protección e tutela dos menores en situación de risco ou desamparo e a execución das medidas dictadas polos xulgados de menores nos termos establecidos na lexislación específica.

-O estudio da realidade social, a planificación e coordinación das entidades prestadoras de servicios sociais nos anteditos sectores así como a cooperación con elas e, en particular, coos entidades de iniciativa social.

-A xestión das prestacións e programas nesas mesmas áreas.

En relación cos centros, tanto propios como dependentes doutras entidades, e sen prexuízo das competencias atribuídas á secretaría xeral, corresponderalle coordina-la súa xestión, supervisando o seu funcionamento, e prestarlle a asistencia técnica necesaria para o desenvolvemento da súa actividade.

Dous.-Para o desenvolvemento das anteditas funcións, esta dirección xeral estructúrase como segue:

1. Subdirección Xeral de Acción Familiar.

Levará a cabo funcións de xestión, coordinación, asistencia técnica, seguimento, avaliación e control dos programas, servicios e centros dedicados a prestacións de servicios sociais relativos á familia, infancia e menores, minorías étnicas e inmigrantes, ben de titularidade propia ou dependentes da iniciativa social ou privada.

Para o desenvolvemento das súas funcións estructúrase nas seguintes unidades con nivel orgánica de servicio:

1.1. Servicio de Familia, Infancia e Programas Especiais.

A este servicio corresponderanlle as funcións relativas ó estudio, elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos programas destinados á familia, infancia, minorías étnicas e inmigrantes, en especial os contidos no Plan Integral de Apoio á Familia; a elaboración de propostas para o desenvolvemento normativo da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, infancia e da adolescencia, e na Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais nesta materia, así como a coordinación e seguimento das institucións.

1.2. Servicio de Menores.

A este servicio corresponderalle a implantación, desenvolvemento, seguimento e avaliación dos programas contidos no Plan Integral de Apoio a Familia

relativos a menores; a elaboración de propostas para o desenvolvemento normativa da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia, e da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais e da restante normativa nesta área; a coordinación dos equipos provinciais do menor e cantas outras se deriven da normativa en vigor.

IV. Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Artigo 6º

Un.-Corresponderalle a esta dirección xeral o desenvolvemento das funcións atribuídas á consellería en materia de formación ocupacional e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral, así como a estatística, a análise e a prospectiva do mercado de traballo, sen prexuízo das competencias atribuídas ó Instituto Galego de Estatística. Así mesmo, exercerá as funcións de execución relativas ó cumprimento das obrigas de empresarios e traballadores e, se é o caso, a potestade sancionadora nas materias relativas ó emprego e desemprego.

Dous.-Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Formación e Colocación estructúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Formación Ocupacional.

Levará a cabo as funcións de planificación, programación, seguimento e avaliación das accións de formación ocupacional, o mantemento do censo de centros colaboradores e a xestión administrativa dos programas de formación ocupacional.

Para o desenvolvemento das ditas funcións, contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Planificación de Formación Ocupacional.

A este servicio corresponderalle a xestión técnica da planificación, programación, avaliación e seguimento das accións de formación ocupacional, así como da inserción laboral resultante delas.

1.2. Servicio de Xestión Administrativa de Formación Ocupacional.

Corresponderalle a este servicio a xestión administrativa dos programas de formación ocupacional, execución orzamentaria, seguimento contable e xustificación, así como a elaboración das diferentes estatísticas de formación ocupacional.

2. Subdirección Xeral de Colocación.

Asumirá as funcións de intermediación no mercado de traballo, e en concreto, as relativas a inscrición e rexistro dos demandantes de emprego e das ofertas de traballo, rexistro de contratos, autorización de axencias de colocación e Rede EURES (European Employment Services).

Así mesmo, corresponderalle a xestión dos programas de orientación laboral e os de apoio e asistencia na busca de emprego.

A Subdirección Xeral de Colocación estructúrase nas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

2.1. Servicio de Xestión e Coordinación.

A este servicio corresponderalle a coordinación da actividade e o soporte técnico da rede de intermedición no mercado de traballo, seguimento dos convenios establecidos cos centres asociados, o control de calidade da actividade de inserción que desenvolverán, a avaliación da calidade das infraestructuras esixidas para a súa inclusión na rede de intermediación e atribución de funcionalidades ós ditos centres de acordo coa tipoloxía establecida.

2.2. Servicio de Administración Informática.

No ámbito das materias competencia da dirección xeral corresponderalle a administración dos sistemas de información, a supervisión dos soportes técnicos e mantemento das aplicacións, elaboración das estatísticas e informes de resultados da xestión, sen prexúízo das competencias atribuídas á Consellería da Presidencia e Administración Pública e ó Instituto Galego de Estatística.

2.3. Servicio de Orientación Laboral.

A este servicio corresponderalle a xestión dos programas de axuda á busca de emprego, de mellora de emprego ou de reciclaxe profesíonal, así como os relativos ó asesoramento e orientación profesional e laboral, análise e información do mercado de traballo, a súa evolución e a adecuación entre a oferta formativa e a demanda laboral.

V. Dirección Xeral de Fomento do Emprego.

Artigo 7º

Un.-Corresponderalle a esta dirección xeral o desenvolvemento das funcións atribuídas á consellería en materia de promación do emprego e da economía social, sen prexuízo das competencias da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en materia de cooperativas e da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais con respecto ó rexistro e réxime xurídico das cooperativas. Así mesmo, levará a cabo a programación, seguimento e control das escolas obradoiro e casas de oficios.

En relación cos centros, tanto propios como dependentes doutras entidades, sen prexuízo das competencias atribuídas á secretaría xeral, corresponderalle coordina-la súa xestión, supervisando o seu funcionamento, e prestaralle a asistencia técnica necesaria para o desenvolvemento da súa actividade.

Dous.-Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Fomento do Emprego estructurarase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Promoción da Economía Social e da Contratación.

Levará a cabo as funcións de programación, coordinación, execución, seguimento, avaliación e con

trol dos programas de fomento do emprego a través de empresas de economía social, axudas á contratación e integración laboral do minusválido, así como das accións correspondentes ó seu ámbito competencial recollidas nos plans de emprego e a elaboración das estatísticas correspondentes, sen prexuízo das competencias atribuídas ó Instituto Galego de Estatística.

Para o desenvolvemento das ditas funcións, contará coa seguinte unidade administrativa con nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Programación e Xestión.

A este servicio corresponderalle a xestión administrativa do conxunto dos programas e accións que sexan da pompetencia da Subdirección Xeral, a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

2. Subdirección Xeral de Escolas Obradoiro e Programas de Cooperación.

Levará a cabo as funcións de programación, coordinación, execución, seguimento, avaliación e control dos programas de escolas obradoiro e casas de oficios, dos de promoción do emprego no ámbito local e daqueloutros programas de cooperación competencia da dirección xeral. Exercerá, así mesmo, esas funcións en relación coas accións correspondentes ó seu ámbito competencial recollidas nos plans de emprego.

2.1. Servicio de Xestión de Escolas Obradoiro.

A este servicio corresponderalle a xestión administrativa dos programas de escolas taller e casas de oficios, a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

2.2. Servicio de Programas de Cooperación.

A este servicio corresponderalle a xestión administrativa dos programas de promoción do emprego no ámbito local e daqueloutras accións e programas de cooperación que sexan da competencia da subdirección xeral, a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

VI. Dirección Xeral de Xuventude.

Artigo 8º

Un.-Corresponderalle a esta dirección xeral a xestión e coordinación das actuacións da consellería en materia de xuventude, así como das políticas xuvenís de carácter interdepartamental e especificamente o apoio ó desenvolvemento da actividade xuvenil, así como o fomento da participación da xuventude na vida social.

En relación cos centros, tanto propios como dependentes doutras entidades, sen prexuízo das compe

tencias atribuídas á secretaría xeral, corresponderalle coordina-la súa xestión, supervisando o seu funcionamento e prestarlle a asistencia técnica necesaria para o correcto desenvolvemento da súa actividade. Así mesmo, corresponderalle o fomento das relacións e da cooperación con outras comunidades autónomas e intercambios co estranxeiro en materia de xuventude, fomento dos programas de Turismo Xove (Tive-Galicia) e promoción e organización das actuacións en materia de información e documentación para a xuventude.

Dous.-Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Xuventude estructúrase do xeito seguinte:

1. Subdirección Xeral de Programas.

Levará a cabo as seguintes funcións:

-Promoción, difusión e seguimento de programas, actividades e convenios dirixidos a fomenta-la colaboración coas administracións públicas, institucións e organismos públicos e privados con actividades dirixidas á xuventude.

-Promoción e desenvolvemento da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil en coordinación con centros de información do Estado español e das comunidades autónomas.

-Elaboración, publicación e difusión de enquisas, estudios e informes sobre a xuventude galega.

-Información, promoción é coordinación dos programas da Unión Europea dirixidos á xuventude.

-Coordinación das relacións co Consello da Xuventude de Galicia.

1.1. Servicio de Programas.

A este servicio correspóndenlle as funcións:

-Desenvolvemento e seguimento dos distintos programas e servicios dedicados á formación, información, estudios e estatísticas en materia de xuventude.

-Seguimento na xestión do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil da Rede Galega.

-Promoción, difusión e seguimento dos programas e actividades dedicados á xuventude organizados polas administracións públicas, institucións e organismos públicos e privados.

Información, promoción e coordinación dos programas europeos dedicados á xuventude.

2. Subdirección Xeral de Promoción e Actividades.

Levará a cabo as seguintes funcións:

-Promoción e seguimento do asociacionismo xuvenil.

-Organización e xestión dos programas de actividades culturais de lecer e tempo libre.

Promoción e fomento dos programas de Turismo Xove (Tive-Galicia).

-Coordinación, asistencia técnica, seguimento e avaliación dos programas de servicios e centros dedicados á xuventude.

Fomento e promoción de intercambios e mobilidade de xoves con outras comunidades autónomas e países estranxeiros.

-Seguimento de axudas e subvencións concedidas con cargo ós orzamentos xerais da Dirección Xeral de Xuventude.

2.1. Servicio de Promoción de Actividades

A este servicio corresponderanlle as seguintes funcións.

-Desenvolvemento e seguimento dos distintos programas dedicados á xuventude.

-Participación na xestión e programación das actividades que realizan en campamentos, albergues, casas e centros de xuventude e oficinas Tive.

-Promoción e difusión de intercambios xuvenís con outras comunidades autónomas e países extranxeiros.

VII. As delegacións provinciais.

Artigo 9º

Un.-En cada unha das provincias da Comunidade Autónoma existirá unha delegación provincial da Consellería da Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, de acordo co establecido no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, polo que se organiza a Administración periférica da Xunta de Galicia e se regulan as competencias dos seaus órganos territoriais.

Dous.-Á fronte de cada delegación provincial existirá un delegado que, reunindo os requisitos esixidos no Decreto 244/1990, do 18 de abril, asumirá as funcións e competencias que lle atribúe o Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, e a demais normativa vixente.

Dependerá orgánica e funcionalmente do conselleiro, sen prexuízo das directrices funcionais que dicten os distintos centros directivos da consellería ou os organismos autónomos adscritos a ela.

Artigo 10º

Para o desenvolvemento das súas funcións, as delegacións provinciais contarán coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio.

1. Secretaría da delegación.

Corresponderalle ó secretario provincial, baixo a autoridade e supervisión do delegado, o exercicio das funcións relativas ó réxime interior, á tramitación administrativa, xestión de persoal, á elaboración de estatísticas e, en xeral, prestar asesoramento e asistencia técnica e administrativa ó delegado, a quen substituirá nas súas funcións en caso de vacante, ausencia ou enfermidade. Así mesmo, corresponderalle á coordinación e control do funcionamento de tódolos servicios e centros dependentes da delega

ción provincial, velando polo cumprimento das instruccións impartidas polo delegado.

1.1. Servicio de Administración e Contratación.

Corresponderalle a este servicio a elaboración do borrador do anteproxecto do orzamento da delegación, e a xestión dos créditos que se lle asignen, así como o desenvolvemento de tódalas actuacións inherentes á contratación administrativa cando o delegado provincial actúe como órgano de contratación.

2. Servicio de Familia, Infancia e Menores.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Familia no respectivo ámbito provincial.

3. Servicio de Formación e Colocación.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Formación e Colocación no respectivo ámbito provincial.

4. Servicio de Fomento do Emprego.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Fomento do Emprego no respectivo ámbito provincial.

5. Servicio de Xuventude.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Xuventude no respectivo ámbito provincial.

Disposición adicional

Os órganos colexiados que conforme a normativa vixente estaban adscritos á Consellería de Familia, Muller e Xuventude, adscríbense á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e desempeñarán a representación desta consellería nos distintos órganos colexiados existentes na Comunidade Autónoma por razón do seu cargo, os titulares dos órganos administrativos que forman parte deles.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Cando, como consecuencia da estructura orgánica que se establece no presente decreto, se modifique a denominación ou contido das subdireccións ou servicios existentes con anterioridade, ou se supriman algunhas das devanditas unidades, autorízase a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, por proposta do secretario xeral, a readscribi-lo persoal afectado a postos do mesmo nivel ou inferior, sempre que sexan postos de libre designación, ou adscribilos, con carácter temporal, a postos de inferior nivel, se tratase de prazas de provisión por concurso, ata que, neste último caso, os ditos postos sexan cubertos da forma regulamentariamente establecida sen que,

en ningún caso, supoña a readscrición ou adscrición, cambio de residencia.

Segunda.-Facúltase a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Terceira.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación noDiario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteseis de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude