Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 434

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (110/1997).

Eu, F. Javier Clemente Lázaro, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. En Ribeira o catorce de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Vistos por Luisa María Pérez Rúa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira e o seu partido, os presentes autos de xuízo de divorcio seguidos co nº 110/1997, por instancia de Antonia del Río Vidal, representada pola procuradora Peleteiro Bandín, asistida polo letrado Fajardo Otero, contra Vicente Alvés Dieste e con intervención do Ministerio Fiscal.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido que, estimando parcialmente a demanda presentada pola procuradora Peleteiro Bandín, en nome e representación de Antonia del Río Vidal, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio contraído por esta e Vicente Alvés Dieste o día 2 de xullo de 1986, manténdose as medidas adoptadas en sentencia de separación e que se dan aquí por reproducidas, agás as descritas no fundamento xurídico 3º no que se refire á patria potestade e réxime de visitas, todo sen facer especial imposición de custas.

Notifíqueselles esta resolución ós rexistros civís correspondentes para os efectos legais.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

A sentencia anterior foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe en audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que así conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía Vicente Alvés Dieste, expido e asino a presente cédula en Ribeira, catorce de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

10473