Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 418

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1998 pola que se delegan nos delegados provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo o exercicio de determinadas competencias.

Tendo en conta o gran volume da actividade administrativa que a normativa lle atribúe a Dirección Xeral de Turismo, co fin de evitar unha concentración excesiva e lograr unha maior axilidade administrativa que redunde en beneficio tanto da Administración como dos administrados, faise conveniente que, dentro do respecto ós principios informadores da actuación administrativa, e con suxeición á normativa legal vixente, se deleguen nos delegados provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, determinadas competencias.

Na súa virtude, facendo uso das atribucións que me confire o artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoño delegar nos delegados provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o exercicio das seguintes competencias:

-Autorizacións das modificacións do grupo, categoría, capacidade, superficie, modalidade e denominación dos establecementos turísticos.

-Autorizacións das modificacións da categoría, capacidade, superficie e denominación das cidades de vacacións.

-Autorizacións das modificacións da categoría, capacidade, superficie e denominación dos apartamentos, bungalows e outros aloxamentos similares de carácter turístico.

-Autorizacións das modificacións da categoría, capacidade, superficie e denominación dos campamentos públicos de turismo.

-Autorizacións das modificacións da clasificación, categoría, capacidade, superficie e denominación das cafeterías.

-Autorizacións das modificacións da clasificación, categoría, capacidade, superficie e denominación dos restaurantes.

-Autorizacións das modificacións da categoría, capacidade, superficie e denominación dos establecementos de turismo rural.

-Autorizacións dos cambios de grupo, director, denominación e locais das axencias de viaxes e das súas sucursais.

-Visado dos regulamentos de réxime interior dos establecementos turísticos.

A Dirección Xeral de Turismo poderá, non obstante, avocar para si en calquera momento o exercicio das competencias delegadas nesta resolución, de acordo co establecido no artigo 14 da citada lei.

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso das delegacións contidas na presente resolución farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade que as concedeu.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1998.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo

9346