Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación dos predios afectados pola construcción das instalacións de distribución de gas natural para usos industriais recollidas no proxecto do ramal de gas natural Pontevedra-Ourense. Addenda II.

Con data 2 de decembro de 1997, a Dirección Xeral de Industria autorizou as instalacións do ramal Pontevedra-Ourense. Addenda II. A dita aprobación, de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, leva implícita a declaración da necesidade de ocupación dos bens afectados. Ó mesmo tempo, a declaración de utilidade pública e urxencia na ocupación vén determinada polo disposto no artigo 10 da devandita lei.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, resolveu convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados na Casa do Concello onde radican os predios, como punto de reunión, para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo 52, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade mailo último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno.

O levantamento de actas terá lugar o próximo día 26 de xaneiro de 1998 no Concello de Maside, a partir das 9 horas, e no Concello do Carballiño, a partir das 16 horas.

O orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos dos concellos sinalados.

É de significar que esta publicación se realiza, igualmente, para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce

demento administrativo común, de notificación do presente acordo ós titulares descoñecidos e mais a aqueles con domicilio descoñecido dos predios que se describen no anexo.

No expediente expropiatorio, Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

98-0088