Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencias segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Adecuación de dependencias e construcción de piscina para a Escola Galega de Mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa:

Adxudicatario: Oreco, S.A.

Importe: 15.207.822 ptas.

-Organización e montaxe das casetas institucionais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos seguintes certames feirais: Alimentaria 98, European Seafood Exposition 98 e Salón Internacional da Alimentación (SIAL) 98.

Adxudicatario: Misael Campo Asociados de Publicidad, S.L.

Importe: 69.800.000 ptas.

-Subministración e instalación dun guindastre con destino ó porto pesqueiro de Lira-Carnota.

Adxudicatario: Hitraf, S.A.

Importe: 7.950.000 ptas.

-Subministración e instalación de cinco (5) guindastres con destino a diversos portos pesqueiros da

Comunidade Autónoma (lote nº 1: Fisterra e laxe; lote nº 2: Burela, Portocelo e Miño).

Adxudicatario: Industrias Electromecánicas G.H., S.A.

Importe: 28.000.000 de ptas.

-Subministración e instalación de catro (4) guindastres con destino a diversos portos pesqueiros da Comunidade Autónoma (Cariño, Bueu, Cangas e Redondela).

Adxudicatario: Industrias Electromecánicas G.H., S.A.

Importe: 27.713.000 ptas.

En cumprimento do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, modificada polas leis 10/1973, do 17 de marzo e 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1997.

P.D. (Orde 17-12-1993)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

83