Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/415-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Domicilio social: CL Mancebo, 6, 15600 Pontedeume.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Airoa.

Situación: Irixoa.

Características técnicas: L.M.T. aérea núa a 15/20 kV de 0,009 km, con orixe na L.M.T. Caselas-Ambroa e final no C.T. proxectado Airoa, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 15.000/380-220 V en Airoa do Rei. R.B.T. aérea de 0,764 km con orixe no C.T. proxectado de Airoa, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de decembro de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

289