Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 226/1997).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio social en Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

Liña de media tensión subterránea en dobre circuíto que parte de la L.M.T. Palmeira-Sirves-Tomada e derivacións a Salmón e Sego, expediente 143/1995, e final no C.T.C. Hospital Comarcal da Barbanza a 20 kV e 1.350 m de lonxitude en R.H.V. de 240 mm Al. Municipio de Ribeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 12 de decembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

31