Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude do permiso de investigación Vilachán, nos concellos de Tomiño e Oia, por parte de Granitos Lapido, S.A.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Granitos Lapido, S.L., con domicilio na Guía, O Porriño, presentou nesta delegación provincial, o día 24 de marzo de 1997, instancia-solicitude do permiso de investigación Vilachán, de 5 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental e sección C), que se sitúa nos termos municipais de Tomiño e Oia, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2763, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 48' 00''42º 01' 20''

Vértice 28º 46' 00''42º 01' 20''

Vértice 38º 46' 40''42º 01' 00''

Vértice 48º 47' 40''42º 01' 00''

Vértice 58º 47' 40''42º 00' 40''

Vértice 68º 48' 00''42º 00' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 10 de decembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

39