Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/400-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: instalación L.M.T. (DC) A Grela-O Burgo I e II.

Situación: Culleredo.

Características técnicas: liña L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,01 km con orixe na L.M.T. A Grela-O Burgo-Sigrás (expediente 10072) e remata na liña L.M.T. subterránea os CC.TT. Urb. Os Álamos (expediente 34511) Rutis-Vilaboa (expediente 34511) Avda. Vilaboa, 2 (expediente 194/96) e Somoza (expediente 26552), en conductor LA-56/54,6 mm

sobre apoio existente. L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 0,350 km e S.C./1,198 km en D.C., con orixe nos Álamos (expediente 34511) Rutis-Vilaboa (expediente 34511) Avda. Vilaboa, 2 (expediente 194/96) e Somoza (expediente 26552). Reforma dos C.T,. de Somoza e Rutis-Vilaboa (Culleredo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de decembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

34