Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/228-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ribeiro.

Situación: municipio de Porto do Son. A Coruña.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 8 m de lonxitude, con orixe na liña que vai a Camboño (expeddiente 11645) e final no C.T. Ribeiro a instalar. Centro de transformación aéreo de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Ribeiro, do que parte rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 365 m de lonxitude. Porto do Son.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de decembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

37