Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/402-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Santiago II-Solláns.

Situación: Santiago-Ames-Teo.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV de 3,955 km con orixe na subestación Santiago II e final no C.T. Solláns (expediente 7287) en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x240 Al. C.T. prefabricado de 250 kVA 20.000/380-220 V en Solláns.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de decembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

33