Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 373

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de decembro de 1997 pola que se lles autoriza o cambio de denominación ó Instituto de Educación Secundaria de Oleiros (A Coruña) e ó Instituto de Educación Secundaria de Cangas (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 3º, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG 156, do 9-8-1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-los cambios de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Oleiros.

Localidade: Oleiros.

Código do centro: 15027228.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Oleiros.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria María Casares.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Cangas.

Localidade: Cangas.

Código do centro: 36019475.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Cangas.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria de Rodeira.

98-0148