Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 372

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de xaneiro de 1998 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Compostela.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Compostela, con domicilio en Santiago de Compostela.

Supostos de feito

1. David Sánchez Carro, na súa calidade de secretario do padroado da fundación, en escrito do doce de decembro de 1997 formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día vinteún de novembro de 1997, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, Ildefonso Sánchez Mera, co número seis mil cento quince do seu protocolo, por Gerardo Conde Roa, David Sánchez Carro e José Luis González Sobral, interveñen no seu propio nome; esta escritura foi emendada por outra posterior con data do dezasete de decembro de 1997 ante o mesmo notario e co número de protocolo seis mil seiscentos tres.

3. Segundo consta no artigo seis dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a promoción e desenvolvemento da cultura nas súas múltiples manifestacións. Presta unha atención especial á promoción dos valores culturais da cidade de Santiago de Compostela a ó papel clave que estes teñen na configuración da identidade europea.

4. O padroado da fundación estará constituído por Gerardo Conde Roa como presidente, David Sánchez Carro como secretario e José Luis González Sobral como vocal.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Compostela, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1 e 2 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspon

dente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 22 de decembro de 1997.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, de 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Compostela e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

10489