Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 365

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Modificada a estructura orgánica da Xunta de Galicia, polo Decreto 347/1997, do 9 de decembro, que crea a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e establecidos os seus centros directivos polo Decreto 351/1997, do 10 de decembro, procede determina-la estructura orgánica e funcional desta consellería, atendendo os principios de economía e eficacia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, co informe previo das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, en uso das súas atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de xaneiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ó que lle corresponden as competencias en materia de promoción cultural, patrimonio cultural, telecomunicacións, audiovisual, multimedia, turismo e tódolos aspectos vinculables ó Camiño de Santiago, segundo o establecido no Estatuto de autonomía.

Artigo 2º

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, desempeñará as funcións da súa competencia a través dos seguintes órganos:

I. O conselleiro.

II. A secretaría xeral.

III. A Dirección Xeral de Promoción Cultural.

IV. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

V. A Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

VI. A Dirección Xeral de Turismo.

VII. Os órganos colexiados.

VIII. As delegacións provinciais.

I. O conselleiro.

Artigo 3º

O conselleiro é a autoridade superior da consellería, e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

II. A secretaría xeral.

Artigo 4º

Un. A secretaría xeral exercerá as funcións sinaladas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, ademais das que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do titular do departamento.

Dous. Baixo a dependencia directa do secretario xeral existirán as seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario.

Exercerá as funcións de xestión de todo o persoal, a coordinación da elaboración do anteproxecto do orzamento, o seu seguimento e control, a organización do rexistro e os demais aspectos relacionados co réxime interior.

Estructúrase nas seguintes unidades:

1.1. Servicio de Persoal.

Correspóndenlle a este servicio as funcións de:

a) A tramitación dos expedientes administrativos relativos ó persoal funcionario e laboral dependente da consellería.

b) Programa-las necesidades de persoal da consellería.

c) O control de asistencia e puntualidade.

d) Aquelas outras actividades relativas ó persoal da consellería que, no seu ámbito de competencia, lle encomende o secretario xeral.

1.2. Servicio de Réxime Interior e Xestión Orzamentaria.

Son funcións deste Servicio de Réxine Interior e Xestión Orzamentaria:

a) Elaboración do anteproxecto de orzamentos.

b) Seguimento da execución orzamentaria.

c) Habilitación de pagamentos.

d) Rexistro xeral da consellería e réxime interior.

1.3. Servicio de Obras e Contratación.

As funcións deste servicio son:

a) Tramitación dos expedientes de contratación de obras, subministracións, asistencias técnicas, contratos de servicios e contratos de traballos específicos a solicitude das diferentes direccións xerais e da secretaría xeral.

1.4. Servicio de Supervisión de Proxectos.

Son funcións do Servicio de Supervisión de Proxectos:

a) As funcións das oficinas de supervisión de proxectos a que se refire o artigo 128 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, respecto ás obras que realiza a secretaría xeral.

1.5. Servicio Técnico Xurídico.

Correpóndenlle a este servicio as funcións de:

a) Estudia-los proxectos de disposicións que vaia promulga-la consellería adaptándoos ás prescricións do ordenamento xurídico cando así se lle encomende.

b) Elabora-las propostas de resolución dos recursos administrativos que debe resolve-lo conselleiro.

c) Estudio das disposicións de carácter xeral que deban someterse á comisión de secretarios xerais e que sexan encargadas polo secretario xeral.

d) O rexistro, arquivo e custodia das disposicións legais emanadas da consellería ou dos seus centros directivos.

e) As funcións relativas ó exercicio do protectorado en relación con aquelas fundacións que se atopen baixo a tutela da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

2. Dependendo organicamente da secretaría xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

a) Intervención Delegada.

b) Asesoría Xurídica.

3. Dependendo organicamente da secretaría xeral e, funcionalmente, do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirá a seguinte unidade:

1. Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago.

Un. Correspóndelle á Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, directamente ou a través da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo a dirección e coordinación das actuacións da consellería en tódalas cuestións relativas ó Camiño de Santiago e, especialmente, exercerá as seguintes funcións:

a) A conservación e posta en valor do Camiño de Santiago en Galicia.

b) A promoción do Camiño de Santiago, incluídas as actividades de animación.

c) A xestión da imaxe corporativa do Xacobeo que redunde na promoción do Camiño de Santiago, así como a elaboración e publicación de estatísticas, sen prexuízo das competencias do Instituto Galego de Estatística sobre o Camiño de Santiago e todo aquilo que redunde na promoción do Camiño de Santiago.

d) A rede de albergues e o complexo do Monte do Gozo.

e) As relacións do Camiño de Santiago cos concellos de Galicia, coas comunidades autónomas do Camiño de Santiago e os seus concellos, coa Administración central, e demais institucións públicas e privadas, particularmente con institucións relixiosas e asociacións de amigos do camiño.

f) A promoción da artesanía e o deseño relacionados co Camiño de Santiago, así como outras actividades que signifiquen a súa vinculación co Camiño de Santiago e sexan parte complementaria del.

g) A divulgación científica do Camiño de Santiago a través de publicacións, congresos, seminarios, exposicións e outros.

h) A programación da participación da Comunidade Autónoma nas Exposicións Universais.

Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago estructúrase da seguinte forma:

1. O xerente de Promoción do Camiño de Santiago con rango de subdirector xeral.

Contará co seguinte servicio:

1.1. Servicio de Promoción do Camiño.

Correspóndenlle a este servicio as funcións de:

a) Actividades de delimitación física dos camiños, así como a súa sinalización e información.

b) Recuperación e rehabilitación do trazado físico dos camiños e dotación dos albergues.

c) Accións de dinamización referidas á poboación local dos camiños, incluídas as actividades de animación.

d) Organización de actos culturais de tema xacobeo e elaboración e edición de material informativo e promocional.

e) Accións de promoción e cooperación en relación co tema xacobeo e os camiños de Santiago.

III. A Dirección Xeral de Promoción Cultural.

Artigo 5º

Un. Correspóndelle á Dirección Xeral de Promoción Cultural a dirección e coordinación das atribucións da consellería en materia de promoción cultural, do libro e bibliotecas e, especialmente exercerá as seguintes funcións:

a) A promoción das relacións culturais en Galicia, e o apoio ás casas de cultura, centros e entidades socioculturais.

b) A colaboración no desenvolvemento do teatro, a danza, a música, as artes líricas e coreográficas.

c) A posta en práctica de medidas de apoio para os artistas.

d) O establecemento de canles de información e promoción da investigación no eido cultural.

e) A organización e colaboración nas exposicións, congresos e coloquios e cursos de formación, así como a proposta de convocatoria de bolsas e axudas en relación coas devanditas materias.

f) A preparación de convenios sobre estas mesmas materias.

g) O estímulo da creación literaria e as publicacións.

h) A elaboración de plans respecto da política do libro de acordo coas necesidades culturais de Galicia.

i) A proposta de medidas de apoio para os escritores.

j) A tramitación das solicitudes no Rexistro da Propiedade Intelectual e a xestión do depósito legal.

k) As autorizacións para a realización de feiras e exposicións do libro e do material bibliográfico.

l) A orientación do servicio público da lectura para difundi-la cultura por medio do libro.

m) A organización e aprobación dos expedientes de creación de novas bibliotecas ou servicios bibliotecarios, dos seus regulamentos e concertos, a organización de cursos de formación de bibliotecarios.

n) A organización e colaboración nas exposicións, congresos, coloquios e cursos de formación, así como a convocatoria de bolsas e axudas, e a preparación de convenios sobre as devanditas materias do libro e bibliotecas.

o) A programación e realización de exposicións relacionadas coas principais tendencias e ámbitos da creación artística contemporánea e, moi especialmente, a creación artística nacida ou relacionada con Galicia.

Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Promoción Cultural estructúrase do seguinte xeito:

1. Subdirección Xeral de Promoción Cultural e do Libro e Bibliotecas.

Correspóndelle a esta subdirección a elaboración de normas e a programación e execución das funcións da Dirección Xeral de Promoción Cultural no eido da promoción, a difusión cultural, o libro e as bibliotecas.

Contará cos seguintes servicios:

1.1. Servicio de Promoción e Difusión Cultural.

As funcións deste Servicio de Promoción e Difusión Cultural son:

a) Elabora-la propostas para promover e difundi-la cultura nos seus diversos eidos, a través da xestión das diferentes axudas a asociacións culturais e persoas físicas, corporacións locais e industrias culturais, así como programar, organizar e coordinar actuacións propias e en colaboración nas actividades de difusión da cultura.

1.2. Servicio do Libro e Bibliotecas.

Correspóndenlle a este servicio as funcións de:

a) Xestión da política en relación co libro: axudas a empresas editoriais, feiras do libro e animación á lectura.

b) Xestión da política bibliotecaria: creación de novas bibliotecas, axudas, bolsas, informatización e cursos de bibliotecas.

c) Dirección do Centro Superior Bibliógrafico de Galicia: xestión e organización, elaboración do catálogo colectivo, depósito legal, Rexistro da Propiedade Intelectual, dixitalización, dirección do préstamo interbibliotecario e catalogación centralizada.

IV. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Artigo 6º

Un. Correspóndelle á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a dirección e coordinación das actuacións da consellería en materia de patrimonio his

tórico, artístico, arquitectónico, paleontolóxico, etnolóxico e documental, así como nas materias de arquivos e museos, e especificamente exercerá as seguintes funcións:

a) Protección, inventario, restauración, acrecentamento e difusión do patrimonio cultural.

b) A conservación, rehabilitación e recuperación do Camiño de Santiago, así como a elaboración dos principios xurídicos para a súa protección.

c) A xestión dos asuntos relacionados co réxime xurídico de protección das propiedades histórico-artísticas.

d) Os acordos e dictames, se é o caso, das declaracións de interese histórico, artístico e monumental.

e) A dirección das escavacións arqueolóxicas relacionadas coas competencias da dirección xeral.

f) O informe e a aprobación, se é o caso, dos plans, proxectos de ordenacións e dos expedientes que afectan ó devandito patrimonio conforme as normas establecidas, así como a dirección das obras de conservación e restauración relacionadas con el.

g) As actuacións necesarias para o exercicio da potestade expropiatoria e do dereito de adquisición preferente respecto do patrimonio cultural.

h) A preparación de convenios conforme as referidas competencias.

i) O coidado, dotación, instalación e promoción de museos, a difusión do coñecemento do patrimonio cultural, así como estimula-la súa defensa por medio de publicacións, mostras, conferencias, reunións e o fomento das entidades que teñan tal finalidade.

j) Publicar catálogos e velar pola conservación e coidado dos arquivos e do patrimonio documental de Galicia e, en especial, a xestión do arquivo xeral da Xunta de Galicia.

k) Organizar coloquios, seminarios, conferencias e cursos de formación de documentalistas e arquiveiros.

l) Autoriza-la realización de exposicións de material documental.

m) A coordinación das actuacións do Centro Galego de Arte Contempóranea.

Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural estructúrase do seguinte xeito:

1. Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural.

Correspóndelle a esta subdirección a elaboración de normas e programación, coordinación e execución das funcións de protección do patrimonio histórico e documental.

Esta subdirección contará cos seguintes servicios:

1.1. Servicio de Protección do Patrimonio Cultural.

Son funcións do Servicio de Protección do Patrimonio Cultural:

a) Tramitación de expedientes da Comisión de Patrimonio Histórico da Cidade e Camiño de Santiago.

b) Tramitación de recursos interpostos contra as resolucións da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

c) Tramitación de expedientes sancionadores dos servicios centrais e delegacións, e coordinación dos expedientes de protección do patrimonio das delegacións e dos servicios centrais.

d) Tramitación de expedientes de declaración de ben de interese cultural, catalogación e inventario xeral do patrimonio cultural.

e) Tramitación de expedientes da subcomisión mixta Xunta-Igrexa para intervencións no patrimonio eclesiástico.

f) Inspección e supervisión de proxectos ou intervencións que afecten ó patrimonio cultural.

1.2. Servicio de Museos e Arquivos.

Correspóndenlle a este servicio as seguintes funcións:

a) Coordina-las distintas redes museísticas e arquivísticas dos sistemas de arquivos e museos galegos para alcanza-la protección e tutela do patrimonio moble e documental galego.

b) Elaboración do inventario do patrimonio moble e documental como instrumento básico de control e protección do patrimonio cultural galego.

2. Subdirección Xeral do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

Correspóndelle a esta subdirección a elaboración de normas e a programación, coordinación e execución das funcións de intervención no patrimonio cultural.

Esta subdirección contará cos seguintes servicios:

2.1. Servicio de Arquitectura.

Son funcións deste Servicio de Arquitectura as seguintes:

a) Programa-las actuacións necesarias para a xestión do patrimonio arquitectónico.

b) Emitir informe sobre os plans, programas e proxectos que incidan sobre o territorio que poidan afecta-lo patrimonio arquitectónico, incluídas as figuras relativas ó planeamento urbanístico.

c) Coordinar e dirixir actuacións preventivas, de conservación, revalorización e investigación do patrimonio arquitectónico.

d) Tramitar e emitir informe sobre os expedientes de intervencións no patrimonio arquitectónico.

e) Prestar apoio e asesoramento das medidas técnicas que se deben adoptar nos proxectos e actuacións que poidan incidir sobre o patrimonio arquitectónico.

f) Inspeccionar e supervisa-las actuacións no patrimonio arquitectónico.

2.2. Servicio de Arqueoloxía.

Correspóndenlle a este servicio as seguintes funcións:

a) Programa-las actuacións necesarias para a xestión do patrimonio arqueolóxico.

b) Emitir informe sobre os plans, programas e proxectos que incidan sobre o territorio que poida afecta-lo patrimonio arqueolóxico, incluídas as figuras relativas ó planeamento urbanístico.

c) Coordinar e dirixir actuacións preventivas, de rescate, de conservación, revalorización e investigación do patrimonio arqueolóxico.

d) Tramitar e emitir informe sobre os expedientes de actuacións arqueolóxicas, incluíndo a súa inspección e supervisión das mesmas.

e) Prestar apoio e asesoramento das medidas técnicas que se deben adoptar nos proxectos e actuacións que poidan incidir sobre o patrimonio arqueolóxico.

f) Inspeccionar e supervisa-las actuacións no patrimonio arqueolóxico.

3. Dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea.

A dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea dependerá, organicamente, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e, funcionalmente, do padroado do centro.

Á dirección, que se poderá prover por persoal funcionario con rango de subdirector xeral ou en réxime de contratación temporal, e sen prexuízo da súa renovación, de conformidade co Real decreto 1382/1985, do 1 de novembro, correspóndelle a dirección, coordinación e planificación da actividade dos departamentos do centro.

4. A xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Este servicio dependerá, organicamente, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e, funcionalmente, do padroado do centro. Correspóndelle a xestión económico-administrativa e o réxime interior dos servicios xerais do centro, a súa intendencia e funcionamento, así como o rexistro e arquivo xeral, tratamento administrativo das obras de arte e control de entrada e saída delas, a dirección dos servicios técnicos de mantemento, vixilancia, seguridade e organización dos servicios auxiliares; e cantas outras funcións se lle encomenden. Exercerá, ademais, o cargo de secretario do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

V. A Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

Artigo 7º

Un. Correspóndelle á Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual a dirección e coordinación das actuacións da consellería en materia de telecomunicacións, audiovisual e multimedia, e tódolos aspectos que se poidan derivar da aplicación desas novas tecnoloxías da comunicación e a información a tódalas facetas da cultura e do patrimonio

galego, exercendo especialmente as seguintes funcións:

a) As competencias da Xunta de Galicia en materia de telecomunicacións e audiovisual.

b) A implantación de redes propias de telecomunicación para a prestación de servicios que sexan competencia da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido na Lei de ordenación das telecomunicacións.

c) O estudio, preparación e tramitación de cantas actuacións lle correspondan á Xunta de Galicia para o desenvolvemento e efectividade das previsións do artigo 34, en relación á radio, televisión e medios de comunicación social, e da disposición transitoria sexta do Estatuto de autonomía de Galicia.

d) A xestión, planificación, coordinación e asesoramento técnico de tódolos servicios, sistemas e infraestructuras de telecomunicacións da Xunta de Galicia, rede oficial de comunicacións (ROC), rede de ciencia e tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e a autopista galega da información. No caso de RECETGA, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento terá capacidade, en colaboración coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo para deseñar modificacións e ampliacións.

e) A dotación de infraestructura á Compañía de Radiotelevisión de Galicia e ás súas sociedades, a implantación da rede oficial de comunicacións e a rede de ciencia e tecnoloxía de Galicia, así como a implantación doutros sistemas e servicios soportados polas redes de radiodifusión e televisión, ROC e RECETGA e a autopista galega da información con cargo ós orzamentos da Xunta de Galicia.

f) A tramitación das solicitudes de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia e a preparación dos proxectos de regulación das fases dos concursos públicos de adxudicación de novas emisoras de radio en ondas métricas con modulación de frecuencia que sexan competencia da Comunidade Autónoma.

g) A redación e supervisión de proxectos técnicos, dirección e control das instalacións, así como a asistencia técnica necesaria en todo o referente ó ámbito das telecomunicacións e audiovisual.

h) Realizar tarefas de control das emisoras de radiodifusión e televisión.

i) A planificación, coordinación e dirección no desenvolvemento da cinematografía e demais artes da imaxe.

j) A preparación de normativa referente ó ámbito das telecomunicacións e audiovisual.

k) O fomento das edicións sonoras, audiovisuais e de microfilmes nas materias propias desta consellería, así como a promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego e das artes da imaxe, en xeral a través do Centro Superior de Documentación, Investigación e Información da Comunidade Autónoma e do Centro Galego de Artes da Imaxe.

l) A xestión e coordinación do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia.

m) Planificación e coordinación das funcións atribuídas ás redes de telecomunicacións galegas (RETEGAL, S.A.).

O desenvolvemento destas funcións efectuarase sen prexuízo das competencias que correspondan á Consellería da Presidencia e Administración Pública en virtude dos decretos 262/1994, do 29 de xuño, e 252/1996, do 20 de xuño, e as que, sobre planificación, xestión e desenvolvemento da informática contable, orzamentaria, financeira e tributaria, teña atribuídas a Consellería de Economía e Facenda.

Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións a Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual estructúrase do seguinte xeito:

1. Subdirección Xeral de Telecomunicacións e Audiovisual.

Correspóndelle a esta subdirección a elaboración de normas e programación, coordinación e execución das funcións sobre medios de comunicación, telecomunicacións, audiovisual, multimedia e tódolos aspectos que se poidan derivar da aplicación destas novas tecnoloxías da comunicación e da información e a tódalas facetas da cultura e o patrimonio galego.

Esta subdirección contará cos seguintes servicios:

1.1. Servicio de Estudios e Análises de Telecomunicación e Audiovisual.

Son funcións deste servicio as seguintes:

a) Preparación de normas, tramitación e emisión de informes xurídicos.

b) Xestión de axudas, contratos e convenios nas materias de competencia da dirección xeral.

c) Xestión orzamentaria da dirección xeral.

d) Coordinación e xestión do Consello Asesor das Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia.

1.2. Servicio de Xestión do Centro Superior de Documentación.

Corespóndenlle a este Servicio de Xestión do Centro Superior de Documentación as seguintes funcións:

a) Xestión de axudas e convenios para o desenvolvemento e a producción audiovisual galega.

b) Coordinación e xestión do Centro Superior de Documentación do Centro Galego de Artes da Imaxe.

c) Preparación e planificación xeral do sector audiovisual galego.

1.3. Servicio de Concesións, Xestión e Inspección.

Son funcións deste servicio as seguintes:

a) Elaboración de informes técnicos.

b) Control, inspección e xestión das concesións en materia de telecomunicacións.

c) Xestión, planificación, coordinación e asesoramento técnico dos servicios e infraestructuras de telecomunicacións da Xunta de Galicia.

d) Planificación e xestión da autopista galega da información.

e) Coordinación das actuacións da empresa redes de telecomunicación galegas (RETEGAL S.A.).

VI. Dirección Xeral de Turismo.

Artigo 8º

Un. Correspóndenlle á Dirección Xeral de Turismo a dirección e coordinación das actuacións da consellería en materia de turismo, exercendo especialmente as seguintes funcións:

a) A ordenación do sector, con proposta da normativa reguladora das empresas e actividades turísticas, así como o seu desenvolvemento e aplicación, mediante as funcións inspectora e sancionadora.

b) A planificación e execución da política de fomento do turismo mediante investimentos directos e axudas ou estímulos a entidades, corporacións e sector privado, sen prexuízo das competencias doutros órganos.

c) A explotación dos recursos turísticos de Galicia, directamente ou a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., mediante a promoción, a publicidade e as relacións públicas, tanto no interior de Galicia como no resto de España e no exterior, sen prexuízo das competencias da Administración central do Estado.

d) A aplicación dos mecanismos necesarios para mellora-las estructuras e os fundamentos da formación profesional turística.

e) A instauración de canles efectivas de comunicación con outros organismos locais, provinciais e da Administración central e outras administracións, así como co sector privado.

f) Exercerá a información sobre proxectos con incidencia especial nos espacios turísticos de Galicia.

Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións a Dirección Xeral de Turismo estructúrase do seguinte xeito:

1. Subdirección Xeral de Ordenación do Turismo.

Correspóndelle a esta subdirección a planificación, programación, xestión e execución das funcións que exerce esta dirección xeral en materia de xestión administrativa, ordenación do turismo, así como de control e inspección.

Contará cos seguintes servicios:

1.1. Servicio de Ordenación do Turismo.

As funcións do Servicio de Ordenación do Turismo son:

a) O estudio e preparación da regulamentación administrativa do sector turístico.

b) Tramitación dos expedientes administrativos relacionados con empresas e actividades turísticas.

1.2. Servicio de Inspección do Turismo.

As funcións deste servicio son as seguintes:

a) A comprobación e vixilancia do cumprimento das disposicións legais en materia de turismo.

b) A coordinación do labor de inspección nos servicios centrais e provinciais.

2. Subdirección Xeral de Fomento e Cooperación.

Correspóndelle a esta subdirección a planificación, programación, xestión e execución das funcións que exerce esta dirección xeral en materia de fomento, cooperación institucional e contratación.

Contará cos seguintes servicios:

2.1. Servicio de Investimentos e Supervisión Técnico-Turística.

Correspóndenlle a este servicio as seguintes funcións:

a) Supervisión técnica de proxectos vinculados a empresas e actividades turísticas en relación cos expedientes de ordenación e fomento do turismo.

b) Informes de idoneidade turística de proxectos con incidencia especial en espacios turísticos.

c) Coordinación, asistencia, contratación e supervisión de investimentos que vai desenvolver en materia de recursos e servicios turísticos a Dirección Xeral de Turismo.

d) Coordinación, contratación e supervisión de asistencia técnicas sobre proxectos relativos á implantación de sistemas de calidade en empresas e actividades turísticas.

e) Seguimento e información sobre investimentos en infraestructuras e dotacións obxecto de plans de excelencia, dinamización turística ou outros semellantes.

f) Supervisión técnica de proxectos turísticos por solicitude doutros órganos, unidades administrativas, organismos autónomos ou entidades públicas semellantes de promoción económica xeral ou sectorial.

g) Apoio técnico na formulación dos plans recollidos na Lei de ordenación e promoción do turismo de Galicia.

2.2. Servicio de Fomento e Promoción.

Son funcións do Servicio de Fomento e Promoción as seguintes:

a) A preparación da normativa sobre axudas e subvencións, e a tramitación dos expedientes sobre elas.

b) A elaboración de informes por instancia doutros organismos que teñan establecidas liñas de apoio ó turismo.

c) Outras actuacións encamiñadas a potenciar e promociona-los recursos turísticos de Galicia.

2.3. Servicio de Formación, Cooperación Institucional e Documentación.

Correspóndenlle a este servicio as funcións de:

a) Organización e mantemento dos fondos documentais.

b) Tramitación das solicitudes de declaración de interés turístico.

c) Tramitación de proxectos de convenios de cola

boración con entes públicos ou privados.

d) Participación nas actividades de cooperación institucional.

e) Coordinación e realización de accións de formación e recursos dirixidos á mellora dos recursos humanos no sector.

VII. Órganos colexiados.

Artigo 9º

Co carácter, cometido e funcións establecidas nas súas respectivas normas reguladoras, están constituídos os seguintes órganos colexiados:

Un. A nivel central.

A Comisión Técnica de Arqueoloxía, creada pola Orde do 12 de abril de 1983, e reestructurada polo Decreto 199/1997, do 10 de xullo.

O Consello de Bibliotecas, creado pola Lei de Galicia 14/1989, do 11 de outubro.

A Comisión Técnica de Museos, regulada polo Decreto 413/1986, do 18 de decembro, modificado polo artigo 7 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia, creada polo Decreto 112/1992, do 30 de abril.

A Comisión Técnica de Arquivos de Galicia, creada polo Decreto 307/1989, do 23 de novembro, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia.

O Padroado do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, creado polo Decreto 167/1975, do 23 de xaneiro, e reestructurado polo Decreto 17/1987, do 22 de xaneiro.

A Comisión do Patrimonio Histórico da Cidade e Camiño de Santiago, regulada polo Decreto 63/1992, do 19 de febreiro.

A Comisión Técnica de Etnografía, creada polo Decreto 41/1992, do 6 de febreiro.

O Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea, creado polo Decreto 286/1994, do 30 de setembro e reestructurado polo Decreto 326/1996, do 26 de xullo.

O Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia, creado polo Decreto 307/1995, do 13 de xullo.

Dous. A nivel provincial.

As Comisións Territoriais do Patrimonio Galego, unha por cada provincia da Comunidade Autónoma galega, reguladas polo Decreto 63/1992, do 19 de febreiro.

VIII. As delegacións provinciais.

Artigo 10º

Un. En cada unha das provincias da Comunidade Autónoma existirá unha delegación provincial da Con

sellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, segundo o establecido no Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, que desempeñarán as competencias determinadas nos decretos 5/1987, do 14 de xaneiro, e 87 e 88/1990, do 15 de febreiro, e todas aquelas que lle sexan atribuídas por disposición legal.

Dous. O delegado provincial exercerá as funcións establecidas polo Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, e aquelas que lle sexan especial ou singularmente encomendadas.

Artigo 11º

Un. En cada unha das delegacións provinciais existirá unha secretaría, con nivel orgánico de servicio.

Dous. Correspóndelle ó secretario provincial, baixo a autoridade de supervisión do delegado, o exercicio das funcións relativas ó réxime interior, a tramitación administrativa, xestión de persoal, elaboración do anteproxecto do orzamento da delegación, e a administración, control contable e xustificación de créditos que se asignen e, en xeral, prestar asesoramento e asistencia técnica e administrativa ó delegado, a quen substituirá nas funcións en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

Tres. Cada delegación provincial contará cos seguintes servicios:

1. Servicio de Xestión Administrativa.

Correspóndenlle a este servicio as seguintes funcións:

a) A tramitación administrativa, xestión de persoal, elaboración do anteproxecto de orzamentos da delegación, e a administración, control contable e xustificación de créditos que se lle asignen.

2. Servicio de Turismo.

Son funcións deste servicio as seguintes:

a) Exercerán no ámbito provincial as mesmas funcións que ten encomendadas a nivel central a Dirección Xeral de Turismo.

Artigo 12º

Quedan adscritos organicamente á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o Centro Galego de Artes da Imaxe, creado polo Decreto 210/1979, do 5 de outubro; o Centro Galego de Arte Contemporánea, creado polo Decreto 308/1989, do 28 de decembro e reestructurado polo Decreto 326/1996, do 26 de xullo; o Centro Superior Bibliográfico de Galicia, creado pola Lei 14/1989, do 11 de outubro; o Centro de Información de Arquivos de Galicia e mailo Centro de Microfilmes e Reprografía, creados polo Decreto 307/1989, do 23 de novembro, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia.

Artigo 13º

Queda adscrito á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, sen prexuízo da súa per

sonalidade xurídica propia, como organismo autónomo o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, creado pola Lei de Galicia 4/1989, do 21 de abril.

Disposición transitoria

Cando como consecuencia da estructura orgánica que se establece no presente decreto se modifique a denominación ou contido das subdireccións ou servicios existentes con anterioridade ou se supriman algunhas das ditas unidades, autorízase o conselleiro, por proposta do secretario xeral, a readscribi-lo persoal afectado a postos do mesmo nivel ou inferior, sempre que sexan postos de libre designación, ou adscribilos con carácter temporal a postos de inferior nivel se se trata de prazas de provisión por concurso, ata que, neste último caso, os ditos postos sexan cubertos da forma regulamentariamente establecida, sen que en ningún caso supoña a readscrición ou adscrición cambio de residencia.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogados o Decreto 256/1996, do 20 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Cultura e Comunicación Social, o Decreto 314/1996, do 18 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Secretaría Xeral para o Turismo e o Decreto 365/1993, do 17 de decembro, polo que se crea a Comisión de Programación e Coordinación de Iniciativas Culturais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo para dicta-las normas complementarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

296