Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

CONVOCATORIA de concurso en procedemento aberto para a concesión da xestión do servicio de retirada de vehículos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 97/116.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adxudicación da xestión indirecta mediante concesión do servicio de retirada de vehículos das vías públicas e a explotación deste servicio.

b) Lugar de execución: Concello de Verin-Ourense.

c) Prazo da concesión: oito anos (improrrogables).

d) Indicar se a execución do contrato comprende a execución das obras: non.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente (2ª convocatoria).

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: non se establece previamente e será proposto libremente polos concursantes.

5. Garantías.

Provisional: 100.000 pesetas.

Definitiva: (só adxudicatario) 500.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín.

b) Domicilio: Praza do Concello.

c) Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Teléfono: 41 03 34.

e) Telefax: 41 19 00.

f) Data límite da obtención de documentos e información: os 13 días naturais seguintes á publicación desta convocatoria no último boletín no que apareza (DOG e BOP), se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación de contratistas.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: os seguintes 13 días naturais trala publicación da convocatoria no último boletín oficial no que apareza (DOG e BOP); se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo.

b) Documentación que integrará as ofertas: as proposición por medio das cales se concorra á contratación convocada presentaranse consonte co estalecido na cláusula oitava do prego das administrativas particulares que rexen no concurso.

c) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Concello de Verín.

2ª. Domicilio: Praza do Concello.

3ª Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o asinamento do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Verín.

b) Domicilio: Praza do Concello.

c) Localidade: Verín.

d) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base décima das da contratación.

b) Consulta de documentación: nas dependencias municipais.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 15 de decembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

10497