Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 28 de novembro de 1997, aprobou definitivamente o estudio de detalle da parcela nº 34 do PERI de Concheiros-Cotaredo-San Lázaro, promovido pola empresa mercantil Urbigal Uno, S.L., que non sofre alteracións con respecto ó aprobado inicialmente.

Contra o citado acordo pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a data de publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

180