Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1997 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación mediante concurso da concesión da explotación de dous quioscos situados na superficie da Praza de Barcelos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: concesión da explotación de dous quioscos situados na superficie da Praza de Barcelos.

b) Duración da concesión: a concesión outórgase por un prazo máximo de cincuenta (50) anos improrrogables, computados desde a formalización do contrato en documento administrativo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon mínimo anual: 120.240 ptas. que se ingresarán nas arcas municipais, en cotas trimestrais, dentro dos dez primeiros días do comezo do trimestre.

5. Garantías:

a) Provisional: 10.000 ptas.

b) Definitiva: na contía dunha anualidade do canon de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, Pontevedra 36071. Teléfono: (986) 80 43 00. Telefax: 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

d) Contigo: os licitadores presentarán unha única oferta para optar á concesión dun dos quioscos, e non se admitirá máis dunha oferta por cada unidade familiar.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación do día seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 8.30 horas na sala de xuntas.

9. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

a) Reducción do prazo da concesión: valorarase ata un máximo de 15%.

b) Maior canon anual ofertado polo licitador que se lle aboará ó concello pola utilización dos bens de dominio público, respecto ó establecido no presente prego como canon mínimo: valorarase ata un máximo de 25%.

c) Existencia de minusvalidez na persoa que concorra á licitación: valorarase ata un máximo de 10%.

d) Situación económica e laboral do licitador (desemprego): valorarase ata un máximo de 10%.

e) Ter exercido a venda na Praza de Barcelos de prensa e golosinas con autorización municipal: valorarase ata un máximo de 40%.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

1º) Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

2º) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE.

3º) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

4º) Os gastos que se xeren da explotación do quiosco e o imposto de actividades económicas.

5º) Tódolos gastos que xere a adaptación interior do quiosco para realiza-la actividade prevista.

Pontevedra, 4 de decembro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

183