Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 16 do PXOU relativa á ficha de características do PERI II-05 Rocío (expediente 4219/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 17 de novembro de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 16 do PXOU de Vigo relativa á ficha de características do PERI II-05 Rocío, conforme a documentación elaborada polos arquitectos Cominges Molíns e Pérez Medrano, visada polo COAG o día 15 de outubro de 1996, e o estudio técnico complementario do 25 de setembro de 1997 (data de entrada no Rexistro Xeral-Xerencia Municipal de Urbanismo do 30 de setembro de 1997).

Sométese a información pública polo plazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou por ignora-lo seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 16 de decembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

98-184