Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 329

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 12 de xaneiro de 1998 pola que se delega nos delegados provinciais o exercicio da competencia para efectua-las contratacións de persoal laboral temporal dos servicios provinciais de Defensa contra Incendios Forestais.

Os traballos de defensa contra incendios forestais teñen, pola súa propia natureza, un carácter especial que aconsella, na procura dun mellor cumprimento dos principios de economía, celeridade e eficacia,

delegar nos delegados provinciais o exercicio da competencia para efectua-las contratacións do persoal laboral temporal necesario para o seu desenvolvemento e execución.

Na súa virtude, e en uso das facultades que me confiren os artigos 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, e 43 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e demais disposicións de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Delégase nos delegados provinciais o exercicio da competencia para efectua-las contratacións do persoal laboral temporal dos servicios provinciais de Defensa contra Incendios Forestais.

Artigo 2º

As contratacións que se realicen facendo uso da delegación contida nesta orde indicarán expresamente esta circuntancia e consideraranse efectuadas polo órgano delegante.

Artigo 3º

O conselleiro poderá avocar para si en calquera momento o exercicio das competencias delegadas nesta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1998.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

98-221