Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 330

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 12 de xaneiro de 1998 pola que se delega nos delegados provinciais o exercicio da competencia para efectua-las contratacións de persoal laboral temporal dos servicios provinciais de Montes e Industrias Forestais e de Medio Ambiente Natural.

Os traballos que ten que realiza-lo persoal dependente tanto do Servicio de Montes e Industrias Forestais como do Servicio de Medio Ambiente Natural teñen, pola súa propia natureza e o medio no que se desenvolven, una carácter especial que aconsella, para un mellor cumprimento dos principios de economía, eficacia e celeridade, delegar nos delegados provinciais o exercicio da competencia para efectua-las contratacións do persoal laboral temporal necesario para o seu desenvolvemento e execución.

Por todo iso, no uso das facultades que me confiren os artigos 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, e 43 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e demais disposicións de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Delégase nos delegados provinciais o exercicio da competencia para efectua-las contratacións do persoal laboral temporal dos servicios de Montes e Industrias Forestais e de Medio Ambiente Natural.

Artigo 2º

As contratacións que se realicen facendo uso da delegación contida nesta orde indicarán expresamente esta circuntancia e consideraranse efectuadas polo órgano delegante.

Artigo 3º

O conselleiro poderá avocar para si en calquera momento o exercicio das competencias delegadas nesta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1998.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

0061