Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 327

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 2 de xaneiro de 1998 pola que se fixan as tarifas e prezos en servicios de xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 1998.

Para lle dar cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede actualiza-los prezos dos servicios de campamentos, albergues, residencias e demais instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ata agora fixados pola Orde do 2 de xaneiro de 1997 (DOG nº 14, do 22 de xaneiro).

A Lei 13/1991, que regula as taxas, prezos e exancións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes se acordará por orde da consellería correspondente, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda; por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único

1. As tarifas esixibles como contraprestación polos servicios e actividades de campamentos, albergues, residencias e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, son as que se fixan no anexo desta orde. A xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 13/1991, do 9 de decembro.

2. As tarifas recollidas no anexo desta orde serán expostas nos taboleiros de anuncios de cada centro en función do tipo de instalación e do uso ou non da enerxía eléctrica.

3. Os grupos que usen unha instalación xuvenil terán preferencia ó uso de tódalas súas dependencias. Non aboarán suplemento polo uso das pistas polideportivas descubertas, pero terán a obriga de aboa-las tarifas correspondentes polo uso dos polideportivos cubertos ou ximnasios, segundo os prezos que figuran no anexo desta orde.

4. Estes prezos enténdese, se é o caso, co IVE incluído.

5. Os membros de familias que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre as tarifas recollidas no apartado B (actividades promovidas pola Dirección Xeral de xuventude) do anexo desta orde.

Para estes efectos, o beneficiario do desconto deberá presentar, xunto coa documentación que proceda en cada caso, unha fotocopia do título de familia numerosa onde figure.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO

Dirección Xeral de Xuventude

A. Utilización dos campamentos e albergues de verán en réxime de oferta concertada.

A.1. Campamentos (por praza)

Tarifa en ptas.

Por quincena13.900

Por día 1.200

A.2. Albergues e residencias (por praza)

Por quincena18.000

Por día 1.700

A.3. Os prezos nos campamentos, albergues e residencias abranguen os seguintes servicios: o aloxamento, alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.

B. Promoción directa da Dirección Xeral.

B.1 Campamentos (por praza)

Tarifa en ptas.

Promoción normal (por quincena)16.000

Promoción normal (quenda de 10 días)11.800

Promoción normal (quenda de 7 días) 8.250

Cursos de especialidade (por quincena)19.600

Aulas de aire libre (por quincena)16.500

Aulas de natureza (por quincena)16.500

Curso de piragüísmo (por quincena)19.600

B.2. Albergues (por praza)

Tarifa en ptas.

Promoción normal (por quincena)20.600

Promoción normal (quenda de 10 días)13.700

Promoción normal (quenda de 7 días)10.500

Cursos de especialidade (por quincena)21.600

Cursos de idiomas estranxeiros (por quincena) 22.700

Cursos de náutica: vela, táboa e esquí(quincena) 26.800

Cursos de náutica: vela e táboa (por quincena)22.700

Rutas turístico-culturais e deportivas22.700

Cursos de piragüísmo (por quincena)22.700

B.3. Campos de traballo (por praza)

Ámbito autonómico e nacional (por quincena) 9.300

Ámbito internacional (por quincena) 9.300

C. Por servicios nos albergues e residencias.

Deben posuí-lo carné de REAJ (Red Nacional de Albergues

Xuvenís) o IYHF (Federación Internacional de Albergues Xuvenís).

Servicios por persoaAta 26 anosMaiores de 26 anos

Pensión completa1.8002.400

Media pensión (1)1.4001.900

Aloxamento 7751.130

Aloxamento e almorzo 9501.400

Xantar ou cea 725 800

(1) Inclúe: aloxamento, almorzo e cea.

D. Servicio nas residencias xuvenís para estudiantes (por praza e mes, curso 1998/99): abrangue do 1 de outubro ó 30 de xuño.

Tarifa en ptas.

Residentes internos35.500

Medio pensionistas externos (xantar e merenda)14.400

E. Servicios nas instalacións recreativo-deportivas.

E.1. Uso de pavillón polideportivo cuberto.

Sen enerxíaCon enerxía

eléctrica eléctrica

Adiestramento/hora para infantís e xuvenís 9751.400

Partidos 1.3402.575

E.2. Uso de pistas polideportivas descubertas.

Sen enerxíaCon enerxía

eléctricaeléctrica

Ata dezaoito anos e maiores/hora540950

E.3. Uso de pistas de tenis.

Infantís-xuvenís/hora260

Maiores de 18 anos360

E.4. Uso de piscina non climatizada.

Infantís-xuvenís130

Maiores de 18 anos260

F. Servicios para actividades recreativas ó aire libre en campamentos e albergues.

F.1. Acampadas (con tendas da entidade): 75 ptas./día e persoa.

F.2. Actividades recreativo-culturais (convivencia):

2.800 ptas./día/grupo de ata 100 usuarios.

5.000 ptas./día/grupo de 101 a 300 usuarios.

8.000 ptas./día/grupo de 301 a 500 usuarios.

13.300 ptas./día/grupo de máis de 500 usuarios.

97-219