Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 326

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos acordos acadados pola comisión paritaria do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia nas súas reunións do 3-10-1997 e 24-11-1997 en relación coa creación e inclusión de categorías no anexo do convenio colectivo.

Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, así como unha certificación do seu secretario no que se fai consta-los acordos que reflictan a creación e inclusión de categorías no convenio.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición dos devanditos acordos no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1997.

José Cimadevila Cea

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Nas xuntanzas da comisión paritaria de data 3-10-1997 e 24-11-1997 adoptáronse os acordos que a seguir se relacionan:

Primeiro.-A creación e inclusión das categorías que se citan a continuación:

-Grupo: I.

Nº categoría: 36.

Denominación categoría: profesor de música.

-Grupo: III.

Nº categoría: 54.

Denominación categoría: ETAR.

-Grupo: IV.

Nº categoría: 3.

Denominación categoría: coidador (como análogo de auxiliar sanitario).

Segundo.-Modifica-lo acordo adoptado o 28-11-1995 (acta nº 8-95) por mor do encadramento da categoría de profesor de música do número 36, grupo I, e non no número 32 do grupo I como se dicía na acta 8/95.

106