Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 301

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 29 de decembro de 1997 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 24 de outubro de 1997 (DOG nº 216, do 7 de novembro) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e

no uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da dita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 24 de outubro de 1997 (DOG nº 216, do 7 de novembro).

Segundo.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario realizará, dentro dos prazos reflectidos no apartado anterior, a dilixencia de toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 3275353202 A 2060

Grupo: A

Apelidos e nome: Otero Fernández, Dolores

Denominación do posto de traballo: xefe Servicio Portelo Único.

Centro directivo: Dirección Xeral de Industria

Localidade: Santiago de Compostela

Corpo/escala: xeral

Nivel: 28

C. específico:1.639.104

NRP: 33262857 A2060

Grupo: A

Apelidos e nome: Boado Chaves, María

Denominación do posto de traballo: subdirectora xeral de Comercio

Centro directivo: Dirección xeral de Comercio e Consumo

Localidade: Santiago de Compostela

Corpo/escala: xeral

Nivel: 30

C. específico:2.229.156

NRP: 3263404868 A2051

Grupo: B

Apelidos e nome: Ortega Casal, Nieves

Denominación do posto de traballo: xefe Servicio Cooperación Institucional, Formación e Documentación

Centro directivo: Dirección xeral de Comercio

Localidade: Santiago de Compostela

Corpo/escala: xeral

Nivel: 28

C. específico:1.639.104

NRP: 3324588146 A2051

Grupo:B

Apelidos e nome: Armada Barreiro, Dolores

Denominación do posto de traballo: xefe Servicio Asuntos Xerais

Centro directivo: Xerencia do Instituto Galego de Consumo

Localidade: Santiago de Compostela

Corpo/escala: xeral

Nivel: 28

C. específico:1.639.104

10246