Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 302

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de empzazamento (200/1997).

En virtude do acordado pola xuíza deste xulgado, María Cristina Navares Villar, no xuízo de menor contía nº 00200/1997, seguido por instancia de Severiano Negreira Barbeira contra Manuel Tomé Ramos, Manuela Ramos Negreira e herdeiros de Celestino Tomé Cantorna, sobre reclamación de cantidade, pola presente cédula emprázanse os herdeiros de Celestino Tomé Cantorna, para que no improrrogable prazo de dez días comparezan nos autos por medio de procurador que os represente en legal forma, baixo apercibimento de que se non

o verifican no prazo indicado, continuará o xuízo na súa rebeldía e recaerán sobre eles os prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira o nove de decembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

10424