Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 301

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de decembro de 1997 pola que se inclúe a Olga Brea González na relación de aspirantes seleccionados nos procedementos selectivos de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario convocados por Orde do 28 de abril de 1992 (DOG do 7 de maio).

Por Resolución do 11 de novembro de 1997 estímase a reclamación interposta por Olga Brea González contra a baremación dos méritos alegados na fase de concurso nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, convocado por Orde do 28 de abril de

1992 (DOG do 7 de maio), na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Darlle cumprimento á resolución anteriormente citada, modificando a puntuación que se lle asignou na fase de concurso a Olga Brea González, recoñecéndoselle unha puntuación de 1,8500 puntos, en lugar dos 1,6000 que se lle outorgaran.

Segundo.-Considerar incluída a Olga Brea González, con DNI 33.270.077, na relación de opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 28 de abril de 1992 (DOG do 7 de maio), corpo de profesores de ensino secundario, disciplina inglés e publicada por Orde do 1 de outubro de 1997 (DOG do 16) co número de orde 106.

Terceiro.-Olga Brea González deberá presentar ante a Dirección Xeral de Persoal desta consellería a documentación, que se relaciona na base común 9 da Orde do 28 de abril de 1992, no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde. En caso de non presenta-la citada documentación ou se do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na citada orde, decaerá de tódolos seus dereitos.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, logo de comunicación á Dirección Xeral de Persoal, de conformidade co disposto no artigo 37 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956 e no artigo 110 da Lei de réxime xurídico administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

DIRECTOR XERAL DE PERSOAL

97-0003