Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 300

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 26 decembro 1997 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras lles aplicarán durante 1998 ós préstamos subvencionados dos convenios en vigor de axuda financeira ó sector productivo agrario.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ó sector productivo agrario asinados coas entidades financeiras durante os anos 1988, 1989, 1990 e 1991, os tipos de xuro dos prés

tamos subvencionados pola Xunta de Galicia que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios poderán optar pola modalidade de xuro variable por anos naturais.

Así mesmo, a Resolución do 17 de marzo de 1988, da Dirección Xeral de Tributos e Política Financeira (DOG nº 77, do 25 de abril de 1988) dispón que ante a evolución do mercado financeiro e a dinámica establecida nas variacións dos tipos de xuro, e co fin de adecua-lo custo dos créditos para os beneficiarios dos préstamos subvencionados ós prezos do mercado de cada ano, a Consellería de Economía e Facenda, segundo o establecido no texto dos correspondentes convenios de colaboración asinados coas entidades financeiras fixará, dentro do primeiro trimestre de cada ano en curso, os tipos de xuro vixentes para os préstamos de cada convenio.

Visto isto, e de conformidade coas entidades financeiras asinantes dos convenios e en virtude das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o ano 1998, para os préstamos en vigor de cada convenio serán os seguintes:

Préstamos do convenio 1988: 11,45%.

Préstamos do convenio 1989: 10,75%.

Préstamos do convenio 1990: 10,85%.

Préstamos do convenio 1991: 10,85%.

Segundo.-As entidades financeiras deberán comunicarlles ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación no tipo de xuro.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego

de Promoción Económica

12