Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 1998 Páx. 280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 15 do PXOU para ampliación de servicios urbanos e institucionais en Coia (expediente 4453/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 17 de novembro de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 15 do PXOU de Vigo para a ampliación de servicios urbanos e institucionais en Coia, conforme a documentación elaborada polos servicios técnicos e xurídicos da Xerencia Municipal de Urbanismo por orde do concelleiro delegado de Urbanismo con data do 1 de xullo.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG e un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados, que por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 18 de decembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

81