Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 1998 Páx. 280

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA VIGO

CONVOCATORIA de asemblea xeral ordinaria.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros Municipal de Vigo-Caixavigo, na súa sesión do 30 de decembro de 1997, e a teor do previsto nos estatutos da entidade e da normativa vixente, acordou convocar asemblea xeral ordinaria. A reunión terá lugar o xoves, día 29 de xaneiro de 1998, na sala de conferencias do Centro Cultural Caixavigo, sito na rúa Policarpo Sanz, nº 13, desta cidade, ás dezaoito horas en primeira convocatoria, e ás dezaoito trinta horas do mesmo día en segunda convocatoria, conforme a seguinte orde do día:

1. Confección da lista de asistentes para a determinación do quórum e constitución válida da asemblea.

2. Aprobación, se é o caso, da xestión do consello, informe anual, balance, conta de resultados e proposta de aplicación de excedentes. Informe da Comisión de Control con respecto a esta.

3. Aprobación, se é o caso, das liñas xerais do plan de actuación anual.

4. Liquidación do orzamento da obra social 1997 e orzamento para 1998.

5. Informe da Comisión de Control sobre a súa actuación en 1997.

6. Nomeamento do vocal do Consello.

7. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea.

Prégaselles ós conselleiros xerais que acudan coa necesaria anticipación, provistos do documento nacional de identidade, co fin de realiza-lo cómputo de asistentes, de forma que non se demore o comezo da asemblea.

Vigo, 7 de xaneiro de 1998.

Ramón Cornejo Molins

Presidente do Consello de Administración