Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 1998 Páx. 279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do PERI Zona Vella, UE 3 (vivendas sociais para xoves, IGVS) (expediente 4592/411).

O Cosnello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 5 de decembro de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do PERI Zona Vella na UE III, conforme a documentación elaborada polo arquitecto municipal adscrito á Xerencia Municipal de Urbanismo, Antonio Alonso Fernández.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG e un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Muni

cipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados, que por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 15 de decembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

10457