Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 1998 Páx. 279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 29 de setembro de 1997, acordou aprobar definitivamente as modificacións puntuais das normas subsidiarias de planeamento municipais, e que foran aprobadas inicialmente en sesión do 22 de marzo de 1997 e unha vez exposta ó público e obtido o informe favorable establecido no artigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño (DOG do 13 de xullo).

O que se fai público de acordo co establecido nos artigos 8 d) da Lei 7/1995, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo e no artigo 70.2º da Lei 7/1998, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte ó que apareza publicado este anuncio no derradeiro do BOP ou do Diario Oficial de Galicia.

A interposición deste recurso deberá comunicárselle ó Concello de Ames, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ames, 12 de decembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

10458