Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 1998 Páx. 259

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de decembro de 1997 pola que se lle autoriza definitivamente a implantación de ciclos formativos ó centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela (A Coruña).

Examinado o expediente presentado polo centro privado Santa Apolonia, polo que solicita autorización para poder impartir ciclos formativos das familias profesionais, actividades físicas e deportivas e sanidade.

Vista a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991 (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitarios; Real decreto 2049/1995 (BOE do 14-2-1996), polo que establece o título de técnico en conducción de actividades físicas-deportivas no medio natural; Real decreto 2048/1995 (BOE do 9-2-1996) polo que se establece o título de técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas; Real decreto 546/1995 (BOE do 5 de xuño) polo que se establece o título de técnico en coidados auxiliares de enfermería; Real decreto 543/1995 (BOE do 5 de xuño) polo que se establece o título de técnico superior en documentación sanitaria; o Real decreto 537/1995 (BOE do 2 de xuño) polo que se establece o título de técnico superior en hixiene bucodental; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) sobre autorización de centros privados e a Orde do 20 de setembro

de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve dito decreto.

Tendo en conta o informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela, a imparti-los ciclos formativos:

-Ciclo formativo de grao medio de conducción de actividades físico-deportivas no medio natural, da familia profesional actividades físicas e deportivas.

-Ciclo formativo de grao superior de animación de actividades físicas e deportivas, da familia profesional actividades físicas e deportivas.

-Ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería, da familia profesional sanidade.

-Ciclo formativo de grao superior de documentación sanitaria, da familia profesional sanidade.

-Ciclo formativo de grao superior de hixiene bucodental, da familia profesional sanidade.

Quedando a composición resultante do dito centro segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro de formación profesional específica que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada polo Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Sexto.-Dado que o centro privado Santa Apolonia figura con tres códigos diferentes: 15027371, 15026561 e 15025116, soamente ten validez o que figura no anexo.

Sétimo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: A Rocha, Poza Real, 5.

Denominación: Santa Apolonia.

Titular: M. del Rosario Medina Gómez.

Código do centro: 15025116.

Composición resultante:

-Centro de educación infantil: 3 unidades.

-Centro de educación primaria: 6 unidades.

-Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

-Centro de formación profesional específica:

Familia profesional actividades físicas e deportivas:

a) Un ciclo formativo de grao medio conducción de actividades físico-deportivas no medio natural: 1 unidade.

b) Ciclo formativo de grao superior animación de actividades físicas e deportivas: 2 unidades.

Familia profesional sanidade:

a) Un ciclo formativo de grao medio coidados auxiliares de enfermería: 1 unidade.

b) Un ciclo formativo de grao superior documentación sanitaria: 1 unidade.

c) Un ciclo formativo de grao superior hixiene bucodental: 1 unidade.

10492