Examinado o expediente iniciado por Raquel Pichel Guerrero, pola que solicita a supresión das ensinanzas de preescolar, formación profesional de primeiro grao da rama administrativa e comercial, formación profesional de segundo grao da rama electricidade e electrónica da especialidade de equipos de informática, formación profesional de segundo grao da rama administrativa e comercial da especialidade administrativo,
Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros privados, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que o desenvolve,
Tendo en conta o informe da Delegación Provincial da Coruña e dado que as mencionadas ensinanzas xa non se están a impartir no dito centro.
Por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,
DISPÓN:
Suprimi-las ensinanzas de preescolar, formación profesional de primeiro grao da rama administrativa e comercial, formación profesional de segundo grao da rama electricidade e electrónica da especialidade de equipos de informática, formación profesional de segundo grao da rama administrativa e comercial da especialidade administrativo, do centro privado Azorín, quedando a composición do centro segundo se especifica no anexo.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1997.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Localidade: A Coruña.
Código do centro: 15003972.
Denominación específica: Azorín.
Enderezo: Avda. de Finisterre 280 (corresponde ó 292 da numeración antiga).
Titular: Raquel Pichel Guerrero.
Unidades: 2 unidades de FP2 da rama: administrativa e comercial da especialidade: informática.
10490