Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/358-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Brañas de Orros.

Situación: Boimorto.

Características técnicas: L.M.T. a 15/20 kV de 0,021 km con orixe na L.M.T. Portodemouros-Arzúa, derivación a Pazo Guerra, e final en C.T. Brañas, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 15000/380-220 V en Brañas de Orros. L.B.T. aérea de 1,692 km con orixe en C.T. Brañas de Orros, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. L.B.T. aérea de 0,63 km con orixe no C.T. Sobreira, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10332