Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/374-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Buño-Igrexa.

Situación: Malpica.

Características técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV, de 0,465 km con orixe na L.M.T. Buño-Corme (tramo Buño-Pazos P-702) e final no C.T.C. Buño-Igrexa en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x150 Al. C.T. Prefabricado de 400 kVA 15000/380-220 V, en Buño. L.B.T. aérea de 0,15 km con orixe no C.T.C. Buño-Igrexa, en conductor R.Z., sobre apoios de formigón. Rede de baixa tensión subterránea de 0,19 km con orixe no C.T. Buño-Igrexa, en conductor R.V. 0,6/1 kV 4x240 Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10333