Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/357-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: instalación L.M.T., C.T., R.B.T. Ponte María Diz.

Situación: Rianxo.

Características técnicas: liña L.M.T. aérea a 20 kV de 0,02 km con orixe no apoio, s/n da L.M.T. o C.T. de Buia (expediente 29152) e remata no C.T. proxectado da Ponte María Diz, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V en Ponte María Diz. Liña R.B.T. de 1,195 km con orixe no C.T. Bures en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña R.B.T. aérea de 0,72 km con orixe no C.T. Bures en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10348