Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/356-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: Cambre-Urb. Ría Burgo-Carcabelos.

Situación: concello de Oleiros, Cambre e Culleredo.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,292 km con orixe na L.M.T. San Marcos-O Temple (expediente 27742) e final no apoio existente paso aéreo-subterráneao a C.T. Muíño, en conductor LA-56/54,6 mm. L.M.T.S. a 15/20 kV de 1,757 km con orixe no C.T. Muíño e final no empalme L.M.T. existente a C.T. Carcabelos, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al. L.M.T.S. a 15/20 kV de 1,757 km con orixe na L.M.T.S. proxectada San Marcos-O Temple D.C. e final en apoio paso aéreo-subterráneo existente, en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x240 Al. Reforma C.T. Muíño, emprazamento Marisqueira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10347