Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/355-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Morteirado e Franza de Abaixo-San Vitorio.

Situación: Mugardos.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,038 km con orixe na L.M.T. Cornido-Franza, e final no C.T. proxectado Franza de Abaixo-San Vitorio, en conductor LA-56/54,6 mm. C.T. intemperie de 100 kVA 15000/380-220 V, en Franza de Abaixo-San Vitorio. L.B.T. aérea de 1,178 km con orixe no C.T. Morteirado, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. L.B.T. aérea de 1,170 km con orixe no C.T. proxectado de Franza de Abaixo, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10346