Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 1998 Páx. 182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-138).

Por decreto desta Alcaldía nº 5115/1997, con data do 27 de outubro do 1997, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle reformado, en predio sito en Breixo-Dorneda, tramitado por Chousas S.L. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 4 de decembro do 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

10279