Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 1998 Páx. 182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 335/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 20 de novembro de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1º. Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación da unidade reparcelable na zona 17 do SU-44, entre nas rúas Río Navea e Alejandro Pedrosa e promovido de oficio polo Concello de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 120 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte á ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 26 de novmebro de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

10245