Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 1998 Páx. 176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/212-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. San Bernardo-estrada de Santiago, 43.

Situación: Noia.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 130 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. San Bernardo e final no C.T. que se instalará no número 43 da estrada de Santiago. Centro de transformación tipo interior, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, denominado San Bernardo. Municipio de Noia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10570