O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: material de punción e incisión.
Orzamento: 17.112.956 ptas.
Garantía provisional: 342.260 ptas.
Lote 1: agulla punción lumbar.
Orzamento: 685.800 ptas.
Garantía provisional: 13.716 ptas.
Lote 2: agulla punción lumbar p/lapis.
Orzamento: 2.700.000 ptas.
Garantía provisional: 54.000 ptas.
Lote 3: agulla plexo punta lapis 70 e 90 mm.
Orzamento: 832.005 ptas.
Garantía provisional: 16.640 ptas.
Lote 4: agulla biopsia p/pistola 18gx20.
Orzamento: 1.841.738 ptas.
Garantía provisional: 36.835 ptas.
Lote 5: set nefrostomía nº 6, 7 e 8.
Orzamento: 5.511.456 ptas.
Garantía provisional: 110.229 ptas.
Lote 6: lanceta p/hematocrito.
Orzamento: 648.000 ptas.
Garantía provisional: 12.960 ptas.
Lote 7: folla bisturí.
Orzamento: 1.774.440 ptas.
Garantía provisional: 35.489 ptas.
Lote 8: folla bisturí p/coronarias.
Orzamento: 764.640 ptas.
Garantía provisional: 15.293 ptas.
Lote 9: bisturí Electr. dun só uso.
Orzamento: 904.800 ptas.
Garantía provisional: 18.096 ptas.
Lote 10: micro-coitelo 30º e 45º.
Orzamento: 1.450.077 ptas.
Garantía provisional: 29.002 ptas.
I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto (tramitación anticipada).
II. Prazo de entrega: segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións e, se é o caso, a partir dos 15 días naturais seguinte ó asinamento do contrato.
III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos materiais: 20%.
Servicio técnico da subministración: 20%.
Total: 100%.
VI. Documentos de intereses para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar no primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberan presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 26 de decembro de 1997.
Jesús Carames Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
10571