Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 1998 Páx. 175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/211-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado 1 o proxecto (M-1) L.M.T.S. Huso Santa Mariña-Insua.

Situación: Ferrol (A Coruña).

Características técnicas: modificado o proxecto denominado L.M.T.S. Huso-Santa Mariña-Insua, consistente en: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con con

ductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al. de 410 m de lonxitude entre o C.T. Banco Pastor (expediente 50119) e C.T. mercado (expediente 30326). De 506 m de lonxitude entre o C.T. San Rosendo (expediente 30326) e V.T. Alegre (expediente 30326). De 305 m de lonxitude entre C.T. Alegre e C.T. Insua (expediente 30992). Ferrol (A Coruña).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10307