Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 1998 Páx. 175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/330-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.I. e R.B.T. Brantuas de Abaixo.

Situación: Ponteceso.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,07 km con orixe en apoio nº 11 da L.M.T. Nemeño-Corme e final no C.T. I Brantuas de Abaixo, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. de 100 kVA 20.000/380-220 V en Brantuas de Abaixo. L.B.T. aérea de 0,08 km con orixe no C.T.I. Brantuas de Abaixo en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10306