Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 1998 Páx. 171

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación 50, 111 e 135/1995 acumulados.

María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeria Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, dou fe de que ante este xulgado se segue xuízo de menor contía cos números 50, 111 e 135/1995, acumulados todos eles por instancia de María Calvo Calvo, maior de idade, con domicilio no lugar e parroquia de San Salvador de Padreiro, viciño de Santa Comba, representado polo procurador Solar Vigo, sobre deslindamento e marcaxe, dictouse a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Sentencia nº 147/1997. En Negreira o vintenove de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Vistos por Cristina Navares Villar, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, os presentes autos de xuízo de menor contía acumulados sobre deslindamento e marcaxe, seguidos co nº 50, 111 e 135/1995, por instancia o primeiro de María Calvo Calvo, maior de idade, veciña de Santa Comba, con dimicilio no lugar e parroquia de San Salvador de Padreiro, que actúa no seu propio nome e en beneficio da sociedade de gananciais constituída co seu home, Benigno Pérez Mouro, representada polo procurador Francisco Solar Vigo, coa dirección letrada de Ventura Vázquez Camino, contra Gustavo García Vila, maior de idade, con domicilio no lugar de Padreiro, parroquia de Castriz, municipio de Santa Comba, representado polo procurador Avelino Calviño Gómez, defendido pola letrada Mª Jesús González Paradela, contra José Vila Pazos, ausente en ignorado paradoiro, Carmen García Vila, mior de idade, veciña de Santa Comba, con domicilio no lugar do Vento, parroquia de

Castriz; Maximino Caamaño Gómez, do lugar de Pedreiro (Catalina), parroquia de Castriz,

Santa Comba, os tres últimos en situación de rebeldía procesual, contra Manuel Souto Pazos, maior de idade, con domicilio no lugar de Padreiro, parroquia de Castriz, municipio de Santa Comba, fronte ó cal desistiu a demandante, e contra tódalas persoas descoñecidas e incertas que poidan ter interese no asunto. Os segundos -menor contía nº 111/1995, foron seguidos por instancia tamén de María Calvo Calvo, que ten os sinais de identificación, representación e defensa que xa constan, contra María García Vila, maior de idade, con domicilio no lugar de Seixán, parroquia de Cabaleiros, concello de Tordoia, en situación procesual de rebeldía e finalmente, os terceiros autos -menor contía 135/1995- foron instados pola mesma demandante nos anteriores, María Calvo Calvo, contra Carmen Caamaño Gómez, José e Mercedes Souto Caamaño, na súa condición de herdeiros de Manuel Souto Pazos, todos maiores de idade, veciños do municipio de Santa Comba, con domicilio no lugar de Padreiro, e en situación

procesual de rebeldía.

Pronunciouse a presente sentencia en nome S.M. El Rey. Decido que, estimando parcialmente a demanda deducida polo procurador Solar Vigo, en nome de María Calvo Calvo, debo declarar e declaro que procede o deslindamento do predio da demandada (nº 1164 da concentración parcelaria de Castriz-Santan Comba) coas estremeiras por norte dos demandados Gustavo García Vila (nº1207) e María García Vila, e o mencionado Gustavo García Vila en copropiedade (nº1166), e co estremeiro polo sur da propiedade da citada Carmen García Vila (nº 1165), e absolvo a José Vila Pazos das pretensións contidas na demanda, sen facer expreso pronunciamento sobre as custas procesuais.

Así mesmo, estimando a demanda presentada polo procurador Solar Vigo na representación xa indicada, debo declarar y declaro que procede o deslindamento do predio nº 1164 da autora coa estremeira polo norte da demandada María García Vila (nº1166 do plano de concentración), sen facer expreso pronunciamento en custas. E, estimando a demanda tamén deducida polo procurador Solar Vigo, na representación coa que figura nesta lide, debo declarar e declaro que procede o deslindamento do predio da demandante coa estremeira nº 1163 do citado plano xeral de concentración, pertencente ós herdeiros do finado Manuel Souto Pazos, á súa esposa Carmen Caamaño Gómez e ós seus fillos José e Mercedes Souto Caamaño, sen facer expreso pronunicamento en custas.

Ademais, en virtude das anteriores declaracións, debo condenar e condeno os demandados e as persoas descoñecidas e incertas que poidan ter interese neste asunto a as acatar e as consentir, procedéndose en trámite de execución de sentencia a practica-las operacións de deslindamento de conformidade cos títulos de cada propietario e segundo o contido do informe pericial de Hermida Vázquez, situándose

os marcos, fitos ou sinais que definan a divisoria resultante.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Seguen sinaturas.

E para que así conste e sirva de notificación a José Vila Pazos, en ignorado paradoiro, e a tódalas pesoas incertas ou descoñecidas que puidesen ter interese no asunto, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido selo e asino esta resolución en Negreira o vintenove de outubro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

10462