Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 1998 Páx. 172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1997, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun inmoble sito na vila de Noia (A Coruña), para situar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servicio e da urxencia de dispor do local, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta

da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun inmoble sito na Avda. da Coruña, 18, de Noia (A Coruña) para a instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1997.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

10261