Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 1998 Páx. 165

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de decembro de 1997 pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores de escolas oficiais de idiomas os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 28 de abril de 1992 (DOG do 7 de maio) e están ocupando vacante dotada orzamentariamente.

Por Orde do 28 de abril de 1992 (DOG do 7 de maio) convocáronse procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores de escolas oficiais de idiomas en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

O apartado 1 da base común 10 da citada orde establece que as prácticas terán por obxecto a valoración das aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición, realizándose nos destinos provisionais que lles corresponda co desempeño da función docente con plena validez académica.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores de escolas oficiais de idiomas os opositores que se relacionan nos anexos I, II, III e IV da Orde do 1 de outubro de 1997 (DOG do 16) coa excepción dos que se relacionan no anexo I desta orde, polas causas que se indican.

Segundo.-Excluír definitivamente do nomeamento como funcionarios en prácticas os opositores que se relacionan no anexo II polas causas que se indican.

Terceiro.-Os opositores relacionados no anexo III non son nomeados funcionarios en prácticas por seren xa funcionarios de carreira do corpo de profesores de ensino secundario. Pola mesma razón, o feito de supera-lo proceso selectivo non implicará un novo nomeamento de funcionario de carreira.

Cuarto.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos da data na que comezou o curso académico 1997-98, agás para os que estiveran prestando servicios como interinos no curso 1996-97, que será do 1 de outubro de 1997 e tamén para os que tomaron posesión con posterioridade á citada data.

Quinto.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro, (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Sexto.-Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de funcionarios en prácticas de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Séptimo.-Quedan dispensados da avaliación da fase de prácticas os que prestaran servicios docentes en centros públicos, durante un tempo mínimo de tres meses, con anterioridade ó presente curso académico 1997-98. A dispensa da avaliación supón que non teñen que realiza-la programación e a memoria ás que fai referencia a Orde do 28 de abril de 1992.

Oitavo.-A programación e a memoria deberán ser remitidas ó Servicio de Inspección antes do 20 de xaneiro e 10 de febreiro de 1998, respectivamente.

Noveno.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas e instruccións que sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

APELIDOS E NOMEDISCIPLINACAUSA

PÉREZ FROIZ, MARÍA INÉSLINGUA CASTELÁ E L.PERMANECE NO CORPO DE MESTRES
FERNÁNDEZ MUIÑO, JOSÉ ANDRÉSLINGUA CASTELÁ E L.PERMANECE NO CORPO DE MESTRES
PRESAS GARCÍA, ANTONIOXEOGRAFÍA E HªPERMANECE NO CORPO DE MESTRES
GONZÁLEZ ALONSO, MARÍA JULIAXEOGRAFÍA E HªPERMANECE NO CORPO DE MESTRES
BLANCO FERNÁNDEZ, DOLORESXEOGRAFÍA E HªPERMANECE NO CORPO DE MESTRES
CID GALANTE, ROSA MARÍAXEOGRAFÍA E Hª.PERMANECE NO CORPO DE MESTRES
MARTÍNEZ REY, ANTONIOXEOGRAFÍA E HªPERMANECE NO CORPO DE MESTRES
PICHEL COSME, JOSÉ MANUELMATEMÁTICASPERMANECE NO CORPO DE MESTRES
GARCÍA DURÁN, LUISA CONSUELOFÍSICA E QUÍMICAPERMANECE NO CORPO DE MESTRES
ZAS REY, SUSANAINGLÉSAPRAZAMENTO PRÁCTICAS
SOUTO GRANDAL, MARÍA ELVIRAINGLÉSPERMANECE NO CORPO DE MESTRES
GARCÍA GARCÍA, ENEDINAEDUCACIÓN FÍSICAPERMANECE NO CORPO DE MESTRES
ABELLEIRA BARROS, MANUELTEC. ELECTRÓNICAPERMANECE NO CORPO DE PTFP
OROSA PETEIRA, ANTONIO JOSÉTEC. ADMINISTRAT.PERMANECE NO CORPO DE PTFP
REBOLEIRO GONZÁLEZ, VICENTELENG. LIT. GALEGASPERMANECE NO CORPO DE MESTRES
ALONSO VARELA, ANA MARÍAINGLÉS EOIPERMANECE NO CORPO DE PES

ANEXO II

APELIDOS E NOMEDISCIPLINACAUSA

LUACES SÁNCHEZ, M. DEL MARMATEMÁTICASTITULACIÓN OBTIDA FÓRA DE PRAZO
NIETO BARBEITO, ANDRÉSDEBUXONON POSUÍ-LO CAP OU EQUIVALENTE
GONZÁLEZ GERPE, JESÚS JULIOALEMÁNRENUNCIOU

ANEXO III

APELIDOS E NOMEDNIDISCIPLINA

PÉREZ FERNÁNDEZ, JOAQUÍN34949503MATEMÁTICAS
RENDO MARTÍNEZ, XESÚS PABLO32782107MATEMÁTICAS
MACIA BALDONEDO, MARÍA JOSÉ34259698MATEMÁTICAS
CEINOS REY, MARÍA LUISA33184839FÍSICA E QUÍMICA
CRUZ MAHÍA, LUIS MIGUEL32785923FÍSICA E QUÍMICA
SANMARTÍN MARTÍNEZ, Mª TERESA33306095INGLÉS

10461