Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 1998 Páx. 166

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de decembro de 1997 pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 19 de marzo de 1997 (DOG do 3 de abril) e están ocupando vacante dotada orzamentariamente.

Por Orde do 19 de marzo de 1997 (DOG do 3 de abril) convocáronse procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

O apartado 1 da base común 12 da citada orde establece que as prácticas terán por obxecto a valoración das aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición, realizándose nos destinos provisionais que lles corresponda co desempeño da función docente con plena validez académica.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, os opositores que se relacionan nos anexos II e III da Orde do 11 de agosto de 1997 (DOG do 22) coa excepción dos que se relacionan no anexo I desta orde, polas causas que se indican.

Segundo.-Excluír definitivamente do nomeamento como funcionarios en prácticas ós opositores que se relacionan no anexo II polas causas que se indican.

Terceiro.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos na data na que comezou o curso académico 1997-98, agás para os que estiveran prestando servicios como interinos no curso 1996-97, que será do 1 de outubro de 1997 e tamén para os que tomaron posesión con posterioridade á citada data.

Cuarto.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro, (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Quinto.-Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de funcionarios en prácticas de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Sexto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas e instruccións que sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

APELIDOS E NOMEDISCIPLINACAUSA

SILVA RODRÍGUEZ, JOSÉ MANUELLINGUA CASTELÁ E L.PERMANECE NO CORPO DE MESTRES
GARCÍA FERNÁNDEZ, MANUELFRANCÉSAPRAZAMENTO PRÁCTICAS
REY RODRÍGUEZ, JOSÉ RAMÓNEDUC. FÍSICAAPRAZAMENTO PRÁCTICAS
BLANCO BEMBIBRE, PLÁCIDOPSICOLOXÍA E PEDAG.PERMANECE NO CORPO DE MESTRES
MOLINA VALIENTE, MIGUELPSICOLOXÍA E PEDAG.PERMANECE NO CORPO DE MESTRES
CAZÓN FERNÁNDEZ, ROSA MARÍAPSICOLOXÍA E PEDAG.PERMANECE NO CORPO DE MESTRES
VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, MARGARITAPSICOLOXÍA E PEDAG.PERMANECE NO CORPO DE MESTRES
ABAD ABAD, MARÍA LUISAPSICOLOXÍA E PEDAG.PERMANECE NO CORPO DE MESTRES
SANTOS ARES, JOSÉ CARLOSPSICOLOXÍA E PEDAG.PERMANECE NO CORPO DE MESTRES
PENA AMARELO, Mª DEL CARMENPSICOLOXÍA E PEDAG.PERMANECE NO CORPO DE MESTRES
DÍAZ SIMÓN, MARIA CARMENPSICOLOXÍA E PEDAG.PERMANECE NO CORPO DE MESTRES
ÁLVAREZ PARADA, MANUEL TECNOLOXÍAPERMANECE NO CORPO PTFP
PALMEIRO DÍAZ, JOSÉ MARÍATECNOLOXÍAPERMANECE NO CORPO PTFP

ANEXO II

APELIDOS E NOMEDISCIPLINACAUSA

SÁNCHEZ VICENTE, MARÍA JESÚSFRANCÉSRENUNCIOU
NÚÑEZ GONZÁLEZ, JOSÉ CARLOSCOCIÑA E PASTELERÍATITULACIÓN INADECUADA

10468