Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 1998 Páx. 144

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 483/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a nova composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia crea, no artigo 11.1º, a Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, como órgano encargado da planificación, elaboración, coordinación e seguimento do plan galego de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia.

O apartado 2º do artigo 11 establece que a Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia estará composta por un presidente, un vicepresidente e un número de vocais que se determinará regulamentariamente.

O Decreto 137/1995, do 10 de maio, establece a composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

Como consecuencia da nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 347/1997, do 9 de decembro, e polo Decreto 350/1997, do 10 de decembro, e no que se determinan os centros directivos depen

dentes da Presidencia da Xunta de Galicia, establecida creándose no seu artigo único a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, procede dar cumprimento ó mandato legal e determina-la nova composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia para, posteriormente, face-lo nomeamento dos membros da citada comisión.

Por todo iso, e por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinteseis de decembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.

A Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia estará composta por un total de dezasete (17) membros:

1. Presidente: o presidente da Xunta de Galicia.

2. Vicepresidente 1º: o conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Vicepresidente 2º: o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

3. Vocais: un representante de cada unha das consellerías da Xunta de Galicia nomeado por decreto do Consello da Xunta de Galicia por proposta do conselleiro correspondente. O representante, con categoría de secretario xeral ou director xeral, será o responsable nesa consellería da área funcional que estea relacionada cos fins da Lei 12/1993 e cos obxectivos ós que debe orientarse o plan galego de investigación e desenvolvemento tecnolóxico especificados nos artigos 2 e 3.2º da citada lei. Polas propias características do seu cargo tamén será incluído como vocal ou secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

4. Como secretario da comisión actuará o subdirector xeral do plan galego de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase ó secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento para dicta-las disposicións necesarias de desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteseis de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

10531