Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto das obras do proxecto de saneamento na rúa Purificación Saavedra e 1ª Travesía de Foxos.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 22781/250.

2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras do proxecto de saneamento na rúa Purificación Saavedra e 1ª Travesía de Foxos.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 17.862.180 ptas.

5. Garantías. Provisionais: 357.243 ptas.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei,

s/n, 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48, fax (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP de Pontevedra.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 4 de decembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

0022