1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura, Patromonio e Contratación. Nº expediente: 5549/331.
2. Obxecto do contrato. Descrición: redacción do proxecto e execución do comisariado do programa de exposicións da VIII Fotobienal.
Lotes: non.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de execución: durante o ano 1998.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso con intervención de xurado do artigo 216 da Lei 13/1995.
4. Orzamento base: 9.500.000 ptas.
5. Garantías. Provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do prezo do contrato.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48, fax (986) 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non se esixe.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.
8. Presentación de ofertas. Data límite: 13 días contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP.
Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de condicións administrativas.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 9.3 do prego de condicións administrativas. Para a valoración dos proxectos teranse en conta o interese do proxecto presentado.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Vigo, 4 de decembro de 1997.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde
10176